lunes, 17 de marzo de 2008

Senadores

Os pactos serven para gobernar pero non poden servir para modificar os resultados das urnas. As urnas, do mesmo modo que nas Xerais dictaminaron que o PP tería 12 senadores e o PSOE 4, as Eleccións Autonómicas determinaron que o PP debería ter 2 senadores por designación autonómica por un dos PSOE. Estas son as razóns nas que nos amparamos para facer un chamamento aos máximos responsables do PSdeG e BNG para que se comporten con máxima responsabilidade e que cando se pronuncien, xa que ainda non o fixeron, sexa para rectificar esta postura dos seus partidos posto que están a romper 25 anos de consensos democráticos en Galicia.

Agardamos que prime a razón e non ter así que dividir o grupo do PP en dous grupos de 19 e 18 deputados para demostrarlles que estes grupos son maiores que o do BNG, formado por 13, que se quere apropiar dun senador que lle corresponde aos populares galegos.
En todo caso se temos chegar a eses extremos será con todas as consecuencias.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

pp -> 37=25+12
psoe -> 25
bng -> 13

correspondencias:
pp 25 -> 2 senadores
psoe 25 -> 2 senadores

sobra 1 senador. quen o leva?:
pp -> 12
bng -> 13
.........
Galiza merece outros politicos.

Anónimo dijo...

Dende logo se as contas non me fallan o PP duplica en número de diputados ao BNG, de feito os nacionalistas gobernan o pais con menos apoios electorales que na pasada lexislatura. As contas que fai vostede non teñen lóxica, por mais que se explique. Por suposto que merecemos outros políticos, o que ocorre é que non os temos no goberno
Saudos