miércoles, 16 de enero de 2008

En brasil e escoitando

Hoxe voltei de terras brasileiras logo dunha curta viaxe na que tiven a oportunidade de coñecer doceas de galegos que viven en Bahia dende fai anos. Sempre que teño que facer algunha viaxe ao exterior reafírmome nas miñas ideas de que hai que apoiar mais aos nosos paisanos que, co seu esforzo, permitiron o progreso dos que quedaron aquí. Xa é hora de mirar cara o exterior con outros ollos e pasar a páxina da emigración ao investimento. En Brasil puiden comprobar como o galegos e as empresas galegas podían facer mais para aproveitar as oportunidades que alí existen en canto a sectores como o turismo, a construcción de vivendas, a construcción de infraestruturas e a pesca. Lamentablemente tamén puiden comprobar como o executivo galego non ten abertos canles de comunicación entre ambos países para cambiar esta situación.

Por certo, a miña volta atopeime no meu blog algúns comentarios dalgúns dos meus leitores con consellos e aportacións que prometo ter en conta. A miña intención cando abrin este foro foi precísamente escoitar as opinións de todos os que así o quisexen e prometo que así o farei. Co cal dígovos que tomo nota.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

O cortés no quita o valiente, señor presidente. Bo xesto o da viaxe. Noraboa. E sobre os comentarios...vostede non ten unha posición doada. Para nada. Quizais o quid desta cuestión sexa, de vez en cando, sair en solitario dese "revuelo" que o rodea, e sentar tranquilamente a carón dun café para escoitar...digamos que a outra versión, ou diferentes puntos de vista. A vostede gústalle aprender. Esta sería unha forma...

Anónimo dijo...

É certo, pero eu vou un pouco máis alá, estou totalmente de acordo coa opinión que fai uns días vin nun periódico onde puiden ver que vostede, don Alberto, dicía que é necesario "abrir o partido á xente, falando máis nas cafeterías e bares da nosa comunidade" (e digo "comunidade" non "país", xa que o meu país é España. Polo tanto esa cita lida por min fai uns días creo que está totalmente no certo, é moi importante para o Partido Popular abrirse máis á xente, xa que en 16 anos gobernando é moi fácil caer no afastamento administrativo ante a sociedade.

Recibe un cordial saúdo.

ivanloren_@hotmail.com

Anónimo dijo...

Non hay peor fillo que o que renega da súa nai.

Anónimo dijo...

Si, moito "escoitades" os políticos en campaña, pero despois... "si te he visto no me acuerdo". Por que sinxelamente non abrides canles mediante Internet, telefonía móbil, TDT, etc. para que os cidadáns non soamente vos suxiran senón vos marquen o que hai que facer. Ou seica isto non é "demo-cracia", o goberno do pobo? Se sodes "populares", que se note e abride canles para a Democracia Directa. Se non, non vos poderemos crer que sexades nin tan sequera verdadeiramente "demócratas".