viernes, 18 de enero de 2008

Xantar en Ourense

Hoxe andamos por Ourense e unha vez mais, falamos de economía. Cando os cidadáns andamos mais preocupados que o Goberno polos números é que algo non anda ben. Os últimos datos sobre o investimento extranxeiro en Galicia é un capítulo mais dentro da situación de "caída libre" na que se atopa a economía galega. Nos últimos catro anos, este investimento foráneo diminuiu un 95%.
As razóns están claras: temos un marco fiscal pouco competitivo, con impostos como os de sucesións e doazóns aínda vixentes; temos un clima político que non beneficia a estabilidade, e temos un Goberno que non perde oportunidade de ensinar a porta de saída ás empresas ante o bloqueo urbanístico e a falla dun solo industrial que xestiona con torpeza. Malas novas sen dúbida.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sr. Alberte, non se deixe intimidar pola propaganda dos inimigos do seu idioma, fan gala do bilingüismo e a prol da "libre escolla", mais na primeira oportunidade quitan as carautas para acosar a quen escolle libremente usar o seu idioma. Mesa por la "Libertad" Linguística/Galicia Bilingüe/Tan Gallego.../AGLI a mesma merda son, facciosos antigalegos con carauta de demócratas.
"Rehén de nacionalistas", dinlle algúns. Os mesmos que o queren chantaxear a cambio dun suposto voto para que en Galiza vostede non poida expresarse en galego.

Anónimo dijo...

Señor Feijoó, sexa sinceiro e non minta máis, mellor vaiase, non ten idea do que fai, teñolle unha pregunta, vostede sabe que é o canon dixital?, quero que me conteste aqui no seu blog , eu pídolle a vostede, que lles pida a o Sr. Raxoy , a Zaplana e ao señor Acebes que dimitan polo ben do pobo español.
moitas grazas.