miércoles, 14 de enero de 2009

Un contrato con todos vos

Hoxe gustaríame que non fose un día calquera, hoxe reunímonos aquí como un anticipo para gañar o futuro. Para entrar nunha etapa onde Galicia recupere a ilusión desde os seus fogares, desde as súas rúas, desde os seus centros de traballo... e todo, a partir do 1 de marzo.

Os galegos somos mellores que estes catro anos de bipartito, somos máis que esa alianza de partidos perdedores, de desencontro na súa xestión, de falta de ideas, e da desilusión e o desencanto aos que levaron á nosa sociedade nesta lexislatura.

Alí cara a onde miremos agora veremos unha crise de gran calado, que no noso caso adquire unha dimensión singular pola cegueira do goberno de España e o da Xunta de Galicia en recoñecela tal como era... atrasouse irresponsablemente a toma de decisións e medidas, e propiciouse que as súas consecuencias acadasen maior virulencia como vemos no incremento dramático do desemprego.

Os cidadáns xa saben que o goberno non vai solucionarlles a súa vida particular... pero saben tamén que é inaceptable que se lles intente enganar... o actual presidente da Xunta de Galicia dixo recentemente que esta lexislatura pareceulle bonita... aos galegos e galegas que eu coñezo, a ningún lle pareceu bonita... e coñezo desempregados recentes, universitarias, empregados mileuristas, avogadas, enxeñeiros, profesoras, pescadores, empresarias, economistas, deputadas... a eles e a todos os demais galegos propóñolles, primeiro, mirar con realismo a crise e, segundo, traballar para afrontala e saír dela REFORZADOS... fácil non será, pero os galegos xa vivimos situacións difíciles e démoslles a volta... temos iniciativa, ideas, forza, vontade e gran capacidade de traballo.. poñámonos a elo.


Galicia necesita agora realismo e determinación... marcar rumbos e plasmar realidades... esquezamos a ese goberno que foi por detrás do seu pobo... Sí, os galegos somos mellores, máis eficientes, máis capaces e máis rápidos tomando decisións que ese goberno que se despide.. Os que aceptamos o reto imos poñernos á altura das circunstancias e a traballar con intelixencia e esa vontade, que nos caracterizan. Temos unha gran responsabilidade individual e unha gran responsabilidade colectiva...

Na miña condición de Presidente do Partido Popular de Galicia e en calidade de candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, quixera expoñer abertamente as liñas directrices do que considero un contrato integral co pobo galego.

Un contrato que supón un COMPROMISO POLÍTICO, pero que tamén formulo coa vontade de que se revista da condición dun compromiso MORAL E PERSOAL. Porque hoxe, ante a excepcionalidade das ameazas que vivimos, quen aspire a representar ao pobo galego ha de dalo todo, ha de comprometer a súa enerxía política, e a súa integridade persoal.

Creo coñecer ben a Galicia, e a miña xente. Nacín na Galicia rural e formeime profesionalmente na Galicia urbana, como a maior parte dos da miña xeración. Sei ben como somos, os problemas que temos, pero tamén a forza do noso carácter, o potencial da nosa intelixencia e de todo o que somos capaces de afrontar.

Non entendo a política como a arte de non mollarse ou como, en sentido contrario, o exercicio de afogar aos demais.

Vexo a acción política como o oficio de facilitar a creatividade de todas as nosas xentes, de todas as áreas da súa actividade; como tarefa de fomento do talento, de sumar iniciativas e proxectos, de aglutinar equipos e esforzos.

Para iso e por iso presento pública e solemnemente, os meus proxectos e compromisos para a acción de goberno do Partido Popular de Galicia. Teño a profunda convición de que estes proxectos e compromisos son os que hoxe necesitan as xentes da nosa terra.

Teremos dificultades e problemas, pero garanto que o goberno do PP non será o problema, como desgraciadamente o é hoxe o bipartito. Dirixirei unha Xunta unida, competente, capaz e entregada á tarefa de afrontar as crises. Non haberá parálise nin división; non se freará ningún proxecto que poida ser de beneficio xeral.

Crearemos o clima de confianza necesario para que floreza a iniciativa, e a responsabilidade.

Por iso é polo que con carácter sintético e a modo de MANIFESTO ELECTORAL PARA UN NOVO FUTURO DE GALICIA, presente as miñas principais liñas de goberno.

1.- Chegou o momento de que a loita contra AS CRISES e contra a ameaza de DECADENCIA COMO COMUNIDADE serán as nosas prioridades irrenunciables. E dicimos, AS CRISES EN PLURAL, Porque témos unha crise económica, pero tamén POLÍTICA. . Porque no transfondo da crise económica latexan as carencias de responsabilidade e unidade política.

Esta crise non só é financeira, senón tamén de base productiva e requirirá de

• austeridade nas institucións públicas,
• reestructuración da estructura económica,
• cambios nas prioridades do gasto público,
• reformas estructurais en educación e formación profesional,
• alixeiramento da carga impositiva das familias,
• acordos entre administración e forzas sociais,
• defensa dos dereitos financieiros de Galicia fronte ao Estado que está privilexiando ás comunidades españolas máis poboadas e desenvolvidas,
• potenciación das infraestructuras arteriais galegas,
• reforzo da competitividade de todos os sectores de actividade económica
• e un espírito decidido de gañar a credibilidade da poboación para levantalo ánimo, sumar forzas, recuperar a confianza nos gobernantes e protagonizar unha grande e exemplar recuperación histórica.

Estamos preparados para afrontar todos os desafíos.

2.- CHEGOU O MOMENTO DE SUPERAR OS ANTAGONISMOS E DUALISMOS IDEOLÓXICOS. NON SEGUIREMOS NINGUNHA LIÑA DIRECTRIZ IDEOLÓXICA QUE PREXUZGUE A ANÁLISE OBXECTIVA, REFLEXIVA E CONSECUENTE DOS PROBLEMAS. Vivimos no século XXI, enfrontámonos a problemas radicalmente novos, non podemos confiarnos en visións que sustitúan o esforzo e a análise concreta de cada proxecto, iniciativa ou problema. Somos unha forza humanista e galeguista, que mira a Galicia como unha sociedade aberta, de xentes libres e iguais; en dereitos e deberes. Esa é a nosa forza. As ideas, opinións e ideoloxías, son compoñentes propios das persoas e grupos que forman a sociedade.

Pero non deben ser liñas de demarcación insalvables, murallas para o entendemento, factores de división irreparable.

A crise actual tennos demostrado que temos que REFUNDAR O SECTOR PÚBLICO e temos que IMPULSAR AO SECTOR PRIVADO PARA QUE SE RENOVE E REXENERE moitas das súas pautas de acción. Requerimos de cambios xerais en tódalas esferas da nosa sociedade. Non afrontaremos as crises sen unha conciencia xeral da necesidade de cambios serios, reflexivos e profundos en todas as súas facetas.

3.- Chegou o momento da igualdade real, de que a muller ocupe o papel que lle corresponde, e iso tamén como necesidades ética, socioeconómica e cultural dunha sociedade que ten na muller á súa columna vertebral.

4.-Chegou o momento dunha NOVA COHESIÓN INTERXENERACIONAL, de respecto, afecto e coidado recíproco entre os galegos de distintas idades. Entre avós, pais e fillos; entre mozos, adultos e maiores.

Os maiores foron a base do que temos acadado; os adultos son os que o continuaron e preservaron; os mozos son os que o desenvolverán no futuro. Debemos vernos na continuidade real da historia, sentirnos responsables do futuro; e pensar nos galegos que aínda non naceron. Deixarlles unha terra, unha sociedade, da que poidan sentirse orgullosos. O noso exemplo debe ser o noso mellor legado.

5. CHEGOU O MOMENTO DE RECOÑECER QUE TODOS SOMOS NECESARIOS E TODOS SOMOS IMPRESCINDIBLES.

Todos somos necesarios e todos somos imprescindibles. E como esta é unha verdade elemental, hai que facer unha POLÍTICA ECONÓMICA PARA TODOS, QUE RECOÑEZA A NOSA SUSTANCIAL COMPLEMENTARIEDADE.

Recoñecer a interdependencia socioeconómica, o noso vivir e traballar comúns, require a coherencia da seriedade, da competencia, da profesionalidade pública. Hai que atender a todos cun PLAN CONXUNTO, cun PROGRAMA GLOBAL DE ESTABILIDADE E RECUPERACIÓN.

O Partido Popular soubo facelo, tivo a valentía para facelo en 1.996 cando se dicía que a crise internacional era un problema xeral insalvable. Volveremos asumir o desafío e EN 2.009 GALICIA, SERÁ EXEMPLO DE COMO DEBEN ATENDERSE OS INTERESES DE TODOS

6.- CHEGOU O MOMENTO RECUPERAR O SENTIDO FECUNDO DAS LEIS, DAS NORMAS XUSTAS, DAS REGRAS DA CONVIVENCIA. Son o gran capital que permite erixirnos en sociedade civilizada. Unha sociedade libre é unha sociedade de cidadáns cumpridores da lei, e a lei é a verdadeira salvagarda da seguridade colectiva. AS LEIS CONSTITÚEN UN GRAN CAPITAL COMÚN.

E os políticos, os responsables das institucións, debemos dar exemplo, ser a vangarda do bo comportamento legal, do exemplar funcionamento dos gobernos do pobo.

7.- CHEGOU O MOMENTO DE RENOVAR O PAPEL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA. CONVERTER AOS 90.000 EMPREGADOS PÚBLICOS GALEGOS nunha das palancas fundamentais da acción pública, da dinamización, do estímulo a tódolos cambios non é unha proposta utópica; é o imperativo máis realista que se debe propoñer un goberno cuxo brazo deliberativo, técnico, reflexivo, público e actuante, desenvólvese a través das persoas que forman o corpo de servidores públicos.

8.- CHEGOU O MOMENTO DO IDIOMA GALEGO COMO MOSTRA DA NOSA RIQUEZA, sinal de identidade e medio de conversación, de comunicación e expresión do noso talento. Temos que amalo e usalo como medio de integración, respecto e deferencia. NUNCA UTILIZALO COMO ARMA DE IMPOSICIÓN, NIN FOMENTALO POLA FORZA, NIN CONSENTIR A SÚA PROHIBICIÓN OU MENOSPREZO.

Non podemos permitirnos que a nosa principal referencia identitaria se convirta no medio de división, símbolo de imposición administrativa ou nunha referencia artificial.

Podemos compatibilizar as riquezas lingüísticas da nosa pertenza a España, á nación común que finalmente, a finais do século XX, logrou sentar as bases dunha convivencia estable, harmoniosa e fecunda baixo o manto da Constitución. Que tamén nos ten outorgado a lexitimidade orixinaria do noso Estatuto de Autonomía.

9.- CHEGOU O MOMENTO DE CONSIDERARNOS CIDADÁNS DUNHA SOA GALICIA, desta terra única e acolledora, diversa ao mesmo tempo que común; de xentes que nós sabemos individualmente diferentes pero profundamente semellantes. NON DEBE HABER GALEGOS DE PRIMEIRA E GALEGOS DE SEGUNDA, persoas que polo feito de residir no campo ou na cidade, nunha cabeceira comarcal ou nun núcleo rural, teñan dereitos e oportunidades desiguais. Debemos mostrar unha vontade xeral de cohesión territorial, de defender os dereitos dos demais alí onde se atopen.

Debemos ser capaces de SUPERAR ALGÚNS LOCALISMOS RESIDUAIS; Debemos dotarnos dunha NOVA VISIÓN dos intereses xerais de Galicia.

10.- E, por fin, CHEGOU O MOMENTO DE explicitar o espírito que presidirá a nosa forma de gobernar. A NOSA NON É UNHA POLÍTICA DE DIVISIÓNS NIN ENFRONTAMENTOS, de vinganzas ou axustes de contas históricos. A NOSA É UNHA POLÍTICA DE AGREGACIÓN, SUMA DE VALORES, TRABALLO, CAPACIDADES E ENERXÍAS HUMANAS.

Superar o partidismo e o clientelismo como carcomas dos cimentos da nosa vida democrática.

Entenderemos e escoitaremos á oposición, e darémoslle o recoñecemento debido nos medios de comunicación pública, que han de dar exemplo de obxectividade e verdadeiro servizo ao pobo galego. A voz da oposición é tamén voz que representa a cidadáns galegos. E un acicate para o esforzo e mellora da xestión do goberno.

Sobre esta decena de principios aséntase o desenvolvemento do programa electoral que vimos elaborando no Partido Popular, coa colaboración dos cidadáns, e que iremos presentando temáticamente durante os próximos días, para sometelo á opinión de todos os galegos.

Como neste manifesto, o programa contén máis que promesas, compromisos responsables sobre ideas, medidas, actuacións e xestións que serán realidades se a miña candidatura alcanza a Presidencia da Xunta.

Lonxe do pesimismo reinante, teño a convicción de que este é o camiño para devolver a confianza aos galegos que queren saír adiante e tamén, teño a vontade e a enerxía para que a Xunta sexa o mellor aliado de todos os galegos nese desafío.

ESTE, E NINGÚN OUTRO, É O MEU PROPÓSITO.

ESTE, E NINGÚN OUTRO, É O NOSO PROPÓSITO.



43 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

A crise económica actual é o resultado dun sistema, o neoliberal, que o seu partido sempre defendeu. Cal é o sistema económico que defende vostede? Di que hai que mollarse, fágao, díganos si aposta pola desregularización económica -xa vexo que fala de refunar o sector público e impulsar o privado [medo me da]- ou polo contrario por unha regulación estricta que ampare os dereitos dos máis febles: traballadores e consumidores.

Deixo outras dúbidas pra máis adiante...

Anónimo dijo...

En cuanto al punto 8, cuando dice que "tenemos que amarlo y usarlo como medio de integración" no entiendo bien si todos o sólo los que asi lo deseen?

Digalo claro: ¿Podran mis hijos estudiar sus asiganturas en español con una asigantura de gallego? (Y el que quiera que lo haga al reves)...¿SI o NO?

Es facil de contestar. Lo digo por votar al PP o no votarlo.

xOsse dorrío dijo...

Iso 'Anónimo' creemos unha sociedade a medida dos teus fillos.

Unha sociedade debe ser pensada para todos, de xeito colectivo, e non individualista. Xa sabemos que lle queres moito os teus fillos .igual que os demais os seus- e que queres o mellor para eles... pero non se pode por un sistema educativo para cada neno, debe ser o mesmo para todos.

Eu tamén quería que o AVE pasase e parase polo meu pobo, e que tódolos pobos de Galiza estivesen comunicados a alta velocidade, pero quen pagaría iso? E si facemos un sistema educativo a medida de cada neno -ou a capricho de cada pai-, quen o paga? Todos? Eu non estou disposto a pagar por iso!

No PP sempre se está pensando no mesmo, socializar gastos e privatizar riquezas. Si queres que os teus nenos teñan unha educación especial e individualizada: PAGAA!!!

Anónimo dijo...

O sotaque andaluz da ministra espanhola do Fomento, Magdalena Álvarez, é «de brincadeira», assim é que pensa a deputada catalá do conservador e espanholista Partido Popular, Montserrat Nebrera, segundo informaçom do jornal espanhol Público. Mas no Reino de Espanha quando se falar da língua espanhola nom valem 'brincadeiras'.

Os alegados colegas de militáncia da deputada 'popular' reagiram de imediato e pediram a rectificaçom das suas palavras. Muito esclarecedora foi o líder da direita espanholista na Andaluzia, Javier Arenas, que advertiu a respeito: «[Nom aceito] brincadeiras ou comentários sobre a forma de falar na Andaluzia».

Montserrat Nebrera tentou acalmar a polémica depois de ter falado com ela o secretário-geral da organizaçom conservadora e no seu blogue ficam os seus testemunhos na procura de esclarecer a sua opiniom. Talvez alguma cousa deveu aprender, porque falar do espanhol e da sua diversidade nom é como falar do catalám, galego ou basco. Será por sotaques!

Anónimo dijo...

No es el acento andaluz de la ministra lo que hace que no se la entienda.

Es que es una analfabeta que no se entera de nada y no sabe hablar español. Es vergonzoso que gente así nos represente. ¿No hay más gente que pueda ocupar su cargo un poco más preparada?

xOsse dorrío dijo...

Xa vexo 'Anónimo', xa, que coñeces a Hitler moi ben. Supoño que esas políticas, as mesmas que practicou Franco, son as que che afectan a ti. Seguramente Franco non conseguiu a teus pais, nin a teus abós, pero si te conseguiu a ti.

xOsse dorrío dijo...

Que obsesión coa lingua, necesitas un psicólogo 'Anónimo', primeiro para recuperar a túa identidade e, segundo, para comprender a realidade desta sociedade.

Galiza é unha nación e Europa o imperio ó que pertencenmos. España nin sequera é un estado, posto que non é soberana (nin militar, nin económica, nin políticamente) e aló, si queren falar castelán, a lingua de Castela, que o fagan, mellor lles iría falando inglés, claro que poderían ser bilingües -castelán inglés- e así non terían problemas para entenderse con nós, tamén bilingües -galego inglés-, nin co resto de Europa.

Iso é ser aberto de miras, todo o demais e estar obcecado cunha nación que nin é nación -e refirome a España-, nin é estado -polo menos na concepción clásica de estado (o soberano) que está desaparecendo por todo o mundo-, nin é un imperio dende hai séculos.

A España pásalle coma ti: ten un problema serio de identidade. Ves, ese problema non o ten Galiza,... nin o teño eu.

Jose dijo...

xOsse, eres un petardo, igual que los del Bloque, que han impuesto su criterio de partido hiper-minoritario al impresentable de Torito, que habría vendido a su madre por ser presidente.

Anónimo dijo...

Radicales son los señoritos de Nigran (donde viven los de la secta del autobús) que tratasteis de amedrentar a las familias que llevan a sus hijos a las galescolas. Esos si que sois radicales

xOsse dorrio dijo...

Mira, xa que falas da UE recoméndoche que leas estas novas, que seguro pasaron desapercibidas para os diarios españolistas que ti les A UE critica que os castelanfalantes non son conscientes do plurilingüismo español. Seguro que necesitaban todo el espacio para contar la historia de una pobre niña que no puede ser escolarizada en castellano.

E hoxe aparece esta outra Europa loa o esforzo dos gobernos de Galeuscat a prol das linguas propias

Como podes ver en Europa ten unha visión sobre as linguas moi diferentes a túa... e non será porque sexan nacionalistas.

PD: Grazas Alberto por aceptarme na túa rede en Facebook. Abora que vos teño a ti e Quin como amigos, porque non debatides neste espazo. Tamén invitei a TOU pero ese non creo que apareza.

xOsse dorrío dijo...

ah! e si tes tempo -vexo que che preocupa a lingua- podes ler o informe completo do comité de expertos sobre a carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Son 160 páxinas en perfecto castelán. Cando o leas, logo, si queres, voltamos a ter a mesma discusión.

... e agora voume a cama que maña hai que madrugar.

Anónimo dijo...

É habitual que haxa delegación da Consellería de Cultura en feiras sectoriais dos diferentes ámbitos da cultura polo mundo adiante. Hóuboas en tempos de Fraga, hainas agora e habraas no futuro. Unha cousa é o macrodespregue do ano pasado (criticable) e outras é este. Tamén se subvenciona a presenza dos axentes do sector antes e agora. Estamos a falar dun sector económico, o cultural, que emprega a 10.000 persoas en galiza, dende os editores pasando polos distribuidores até chegar aos transportistas ou aos traballadores da imprenta. Igual que se subvenciona unha conserveira nunha viaxe dunha delegación galega a calquera feira internacional do sector é moi bo que dende o sector cultral se acuda a estas citas. Na Feira do Libro de Guadalaxara (México) Kalandraka (Pontevedra) colocou 150.000 exemplares de 3 obras no sistema educativo mexicano. Dámonos conta do que isto significa en cartos para o tecido produtivo (si, pordutivo, industrial) galego? Non é o mesmo que exportar 150.000 latas de atún?

Anónimo dijo...

Sr Feijoo:

El PP en Galicia ha prometido derogar el Dcreto 124/2007 pues es ILEGAL. Corresto.

El PP del País Vasco ha prometido mantener los 3 modelos actuales: todo en vasco (con una asignatura de castellano), todo en español (con una asignatura de vasco) y mixto. Dicho sistema cumple con la Carta de la Lenguas Minoritarias que firmo España.

Lo malo es que en GAlicia, segun dijo Rajoy, se pretende volver a la situación anterior a dicho Decreto. Y can el/los anteriores Decretos del PP ya se IMPONIA el gallego (eso si no habia inspección tipo KGB como ahora).

ESto no es de recibo. ¿Por que lo que vale para los vascos no vale para los gallegos?

Deben proponer 3 modelos. Es lo más justo para todos y lo que le pide Europa.

Los decretos del 95 y del 97 tambien eran ilegales pues imponian el gallego en algunas asignaturas distintas a la de Lingua Galega...

Deben hacerlo bien esta vez y no engañar a la gente, que cada vez esta más informada de sus derechos(bendito internet).

Anónimo dijo...

si señor alberto!!contamos contigo!

Anónimo dijo...

Alberto!!! es a host...!
o teu é o único blog libre, plural, democrático, sen medio a comentarios, sen medo a criticas, no que cada un pode escribir o queira!
É un pracer ter políticos da tua talla traballando en internet.
As miñas felicitacións as persoas que che aconsellaron facer o blog máis plural da rede

Luis Amado López
Lugo. 531627986m

www.monte.es dijo...

Estiamdo Feijóo
Lendo os teus principios un dase conta de que a opción que nos presentas é a máis interesante para Galicia. Douche as gracias pola tua pluralidade

MAL EMPEZAMOS dijo...

Mal empezamos.

Puy Fraga, sobrino de Manuel Fraga, en los puestos de cabeza de la lista de Coruña.

¿A qué se debe la elección?

¿A querer continuar con la política habitual de colocación de amigos-militantes-familiares del PP?

¿A influencias del antiguo patrón y sus ideologos?

¿A querer continuar con la "brillante" tarea de 16 años de gobierno de Fraga?

¿A tener que contentar una de las familias internas del PP?

Qué desperdicio de oportunidad para renovarse.

Anónimo dijo...

Da mestura de refugallos do franquismo sociolóxico e autoodio (interiorizado ata os osos) saen os argumentos psico-ideolóxicos do integrismo lingüicida. Unha mestura que vencella prexuizo de clase (decote baseado nun patético “quero e non poido”) coa idea de progreso (dunha presunta ascensión social).

O colectivo Galicia Bilingüe é un grupo residual pero que nalgún intre pareceu contar cos parabéns dalgún partido político (alomenos de membros do PPdG como a excalcadesa de Vigo). Existe mesmo un novo experimento político especializado nestas cuestións inventadas: queren recadar votos metendo veleno na xente. Dividir ós cidadáns para manter un posto na política profisional.

A vontade de laminar ó idioma galego e deixalo nunha lingua subalterna forma parte da asimetría da dominación. A autoxenreira produce estas curiosas expresións onde o agresor fai o papel de vítima. Estamos nun contexto de pluralidade: teñen cabida ata opinións que parten dunha irracional análise da realidade. Sustentada no periodismo-ficción importado. A tese da crispación que procura artificiais divisións entre cidadáns baixo calquer leria. Non se coñecen receitas doadas contra a demagoxia. Non hai tratamento psicolóxico: cómpre só esquencer a visceralidade.

Asumir o informe do Consello de Europa
O informe do Consello de Europa fala do necesario apoio ó galego a todos os niveis, mesmo acadando no ensino a inmersión lingüística. Un dos aspectos máis arrepiantes do informe europeu é a constatación da imposibilidade dun neno galego para ter ensino nese idioma. Só unha porcentaxe do 1,3 % ten preescolar en galego. Dato que fala ás claras e desmonta argumentos hipócritas.

A riqueza cultural, a pluralidade de formas de expresión é decisiva nunha necesaria biodiversidade humana. O escenario de provocación da patética manifestación de Santiago choca coa realidade da discriminación e o esmorecer do galego. Cómpre que o informe emitido polo Consello de Europa sexa asumido políticamente coas medidas necesarias que axuden corrixir a situación.

Anónimo dijo...

La Xunta contradice una resolución anterior de la Inspección Educativa y asume las tesis más radicales para imponer la inmersión lingüística:

La Consellería de Educación acaba de rechazar expresamente una solicitud presentada en las oficinas de la Inspección Educativa, para que al menos se permitiera a sus hijos hablar en clase en castellano y utilizar el material didáctico y realizar pruebas y exámenes en este idioma.

La resolución de la Administración de Pérez Touriño, que asume de esta forma las tesis más radicales para imponer la inmersión lingüística, se refiere a la petición del padre de una alumna de un instituto de Culleredo y contradice una resolución anterior de la Inspección Educativa sobre dos estudiantes de Pontedeume, además de no hacer referencia prácticamente ni responder a casi ninguno de los sólidos argumentos a favor de la libertad de elección de lengua en la enseñanza que sustentaba la petición.

La Consellería, para defender su postura, se aferra al polémico decreto 124/2007 que regula el gallego en la Educación y aduce que establece expresamente las materias que serán impartidas en ese idioma, lo que se tradujo en la práctica desaparición del castellano de la docencia en los centros escolares pues, al margen de Lengua Española, no se utiliza en ninguna otra asignatura troncal. Además, la Xunta cita el artículo que indica que en las clases impartidas en gallego el alumnado usará esta lengua, con carácter general, en las manifestaciones oral y escrita, y afirma que este texto debe ser interpretado de manera sistemática.

Precisamente, en la solicitud presentada se hacía también referencia a este artículo para sustentar su postura, pues la Administración no aclara en qué supuestos o hasta dónde abarca la cláusula de excepcionalidad que supone utilizar la expresión “con carácter general”.

Y además apelaba al propio Decreto, al Estatuto de Autonomía, a un dictamen del Consello Consultivo de Galicia o a la doctrina fijada por el Tribunal Constitucional para defender el derecho de elección del idioma de estudio por parte de los alumnos, excepto para las clases y actividades relacionadas con una determinada lengua, como Inglés, Lengua Gallega o Lengua Castellana. La Consellería no hace mención a ninguno de estos argumentos y da cobertura a una clara discriminación, pues resulta obvio que un escolar gallegohablante tendrá una clara ventaja sobre otro castellanohablante.

No obstante muchos padres sostienen que si los alumnos incumplieran esta nueva resolución de la Administración de Pérez Touriño, no existe ningún tipo de sanción prevista para ellos. En este sentido, los padres se preguntan en qué conducta sancionable del Decreto de Derechos y Deberes de los Alumnos se va a encuadrar el hecho de que se emplee una lengua oficial en una actividad académica.
...........

Debemos animar a los padres y estudiantes a continuar empleando sin restricción su idioma de preferencia en la actividad escolar, y a exigir que se respete su derecho a ser calificados con independencia del uso de una u otra lengua oficial.

Anónimo dijo...

Ya se ve hacia donde va la "democracia" nacionalista...y que la ley no es igual para todos...

Ojala gane el PP y eche del gobierno a esta gente tan radical.

requinta dijo...

Qué miedo con los radicales linguísticos, menos mal que son palabras, pero no nos dejemos ir, el radicalismo, extremismo no nos lleva a ningún sitio nada más que al odio.
QUEREIS A GALICIA!!! pues a trabajar por ella y sssschhhhuuuusssss en silencio que las manos no tienen lengua.

Anónimo dijo...

El sistema neoliberal es el unico bueno, correcto y democratico ¿¿ que volvemos al carlismo ?? ¿¿ o mejor al comunismo, incompatible con la democracia ??

La crisis es una crisis de fluctuaciones de las fuerzas base del mercado que no hace sino que mostrar una vez mas que la economia es como lo dijo adam smith. El mayor problema economico en la actualidad es gente como Zp que en vez de bajar los impuestos y ayudar a las PYMES se dedican a desangrar al pueblo a base de impuestos, hasta que este se canse ( ejemplo de la reaccion contra el gobierno socialista de Letonia )

Anónimo dijo...

¿¿ Raquel Arias dejara la alcaldia de Sober ?? Por favor, que sea diputada, pero tambien alcaldesa, entiendo que renuncia al escaño en las cortes españolas pero no a la alcaldia. Sober quedara huerfana y la sombra de esta gran alcaldesa sera demasiado grande como para ser cubierta.

Anónimo dijo...

A quen lle interesa o debate?
En vésperas electorais, o idioma converteuse nunha arma que Núñez Feijoo tenta utilizar ante a presión do voto extremista do partido de Rosa Díez


Núñez Feijóo, líder do PPdeG, durante a súa participación nunha manifestación de Galicia Bilingüe, colectivo que se opón á normalización lingüística
FOTO: Salvador Sas
O idioma xa é parte do debate electoral desde a longa precampaña iniciada no outono. As recentes declaracións dos principais líderes irán, con toda seguridade, subindo o seu ton ata que se celebren os comicios o día 1 de marzo. Sectores moi diversos perciben como regresión con cheiro preconstitucional o feito de que se reactive unha polémica que no seu día tampouco chegara máis alá de certa burguesía urbana descontenta coa extinción da escola franquista. A dereita española viuse obrigada desde 1977 a abandonar os seus sinais de identidade máis reaccionarios ante as consecuencias electorais que, no seu día, tivera por exemplo a negación de dereitos civís coma o divorcio ou o aborto.

Poñer en corentena a presenza do galego como idioma oficial escenifica unha viaxe cara ao pasado que conleva riscos imprevisibles. Os grupúsculos que se organizan contra a restauración social do noso idioma obtiveron xa a súa primeira vitoria ao arrastraren ­unha facción do Partido Popular, precisamente a que abandeira o candidato á Xunta, ao cuestionamento da súa propia política na era Fraga Iribarne.

Contrariamente ao rebumbio que provocaría que algunha forza quixese avivar calquera outro debate da época anterior ao consenso estatutario, no caso da lingua os cadros galegos do PSOE non semellan preocupados polo efecto de aceptaren cartas para ese xogo. Podería interpretarse que algo permanece latente desde os tempos en que, desde o palacio municipal da Coruña, o actual embaixador no Vaticano publicaba consignas contra a normalización. Hai apenas uns días José Blanco -rebautizado como Pepiño polo xornalismo conservador, que segue considerando esencialmente ridículas as palabras galegas- declaraba nunha entrevista o seu desexo de que "non volvesen a ocorrer" os episodios de discriminación lingüística "en ningunha das direccións". Tales palabras permiten unha lectura na que o galego pasa de agredido a agresor potencial e subverten os termos da realidade: falar galego, fóra dalgúns círculos intelectuais e políticos, segue asociándose aos mesmos estigmas de hai cincuenta anos.

Nin sequera o actual Presidente da Xunta parece calcular a quen beneficia todo xesto que atribúa ao idioma o carácter de carga social, aínda que se formule en termos aparentemente positivos. Tras o encontro entre o mandatario autonómico e Rodríguez Zapatero sobre financiamento, o titular foi case unánime: Pérez Touriño solicitaba que se determinasen os gastos que ocasiona a lingua non castelá nas chamadas "comunidades bilingües".



A insistencia dunha selecta minoría

O economista Xavier Vence debullaba nunha columna de prensa a perversidade que supón incluír o galego no apartado de gastos cando se discuten as partidas orzamentarias para a Comunidade Autónoma. O idioma é así, outra vez, segregado simbolicamente e márcase como "valor" ou "patrimonio" mais, igual ca no IVE, trataríase dun valor engadido. Resulta obvio que o labor de oposición obrigaría a esixir -fíxose no seu día contra TV3, Euskal Telebista e as que viñeron despois ata que se descubriu a súa utilidade na propaganda- que eses gastos se dedicasen a asuntos de maior urxencia. Significativamente, nin o PSOE nin o PP ousaron nunca cuantificar e separar ante o ollo público o dispendio que orixinan institucións políticas e culturais coma a lingua española, a monarquía ou a tauromaquia.

A insistencia de Núñez Feixó en desprezar as recomendacións do Consello de Europa e a propia socioloxía nacional -unha maioría silenciosa incapaz de concibir a súa ferramenta diaria de comunicación como problema- relaciónase en círculos afíns ao Partido Popular co pánico do equipo de campaña ante a fuga de voto extremista cara ás posicións de Rosa Díez. O líder ourensán, que vén de cualificar de "arma de imposición" o desenvolvemento legal da oficialidade da lingua galega, tenta satisfacer a minoría hostil ao idioma sen desmobilizar o voto rexionalista, mais témese que un mal paso doutros notables do PP, ao estilo do que lle custou un expediente á deputada Monse Nebrera, arruíne as declaracións de amor abstracto pola fala.

Na banda oposta de quen promete derrogar o decreto de normalización, as ONG reivindican o cumprimento inmediato das leis e o respecto, alén do folclore, polos dereitos que as institucións nacionais e internacionais reclaman tanto para a maioría galegofalante coma para as minorías castelanfalantes identificadas co noso idioma. Durante a campaña comprobarase ata que punto as pequenas plataformas que avogan pola segregación lingüística teñen poder para condicionar o discurso de tres grandes partidos. Serán eses centos de miles de votos os que avalen a futura política da lingua, aínda que a Historia e o presente dan razóns para sospeitar que o segregacionismo, hoxe doutrina extraparlamentaria, só recoñecerá o valor das maiorías cando a porcentaxe de uso do noso idioma baixe do 50%. De continuar a xestión pusilánime do bipartito, se cadra esa cifra estea cerca.

Eu son Anxo Quintana dijo...

Tod@s somos Anxo Quintana
http://quin.tv/video/eu-son-anxo-quintana

desperta do teu sono
fogar de Breogán

Anónimo dijo...

"Una lengua no se impone; una lengua si no se quiere, sólo se utilizará mientras dure la fuerza del poder que la impone"

"Sólo la tolerancia, la libertad de expresión, el recurso a la duda de las propias creencias y la oposición a todo tipo de mesianismos excluyentes, podrán finalmente impedir que los derechos de los gallegohablantes vuelvan a ser persguidos o que se prive de ellos a los castellanohablantes"

vigo dijo...

Llegó el momento de apoyar a Feijoo; el mejor candidato para Galicia en la Xunta, la mejor persona para llevarnos al futuro más grande de Galicia. Una persona joven, con mucho futuro, con grandes ideas y grandes proyectos.
Galicia y Vigo juntos,llegaremos a este futuro soñado por todos los gallegos.

Lydia Feijoo dijo...

Me llamo Lydia Feijoo, soy una murciana de padre gallego.
Este es el único medio que he encontrado, tanto en la web del pp nacional como en la web del pp gallego, para poder comunicarme con ustedes.
Tan solo quería decirles que Feijoo no se acentúa. Puede que, ante unas elecciones, parezca una estupidez que mi preocupación sea que se escriba bien el apellido que con tanto orgullo llevo. Pero, utilizando el segundo apellido del candidato popular como el eslogan de la campaña, es bastante significativo que nadie se haya dado cuenta de tan grave error.
Puede, que se justifiquen diciendo que los nombres propios se escriben como uno quiera, pero eso tan solo vale cuando hablamos de "h" o "b" o "v"..., pero no cuando se debe acentuar. Feijoo es aguda y, aunque se pronuncie con una sola o, al escribirse con dos no se le pone tilse porque las dos vocales son fuertes. Y, eso, son reglas de la lengua.
Muchas gracias por darme la oportunidad de expresarme, son muchos años de dar explicaciones de cómo se escribe mi apellido y porqué.
Por último, desearía que trabajaran y lucharan por una tierra a la que considero como mia, aún recuerdo la lágrima que cayó sobre la mejilla de mi padre cuando la volvió a ver después de 25 años.

Anónimo dijo...

O que hable español que es una lengua tan propia de los gllegos como el gallego.

Lo que no es normal es que hable mal en gallego pudiendolo hacerlo bien en la suya habitual.

Complejos que tienen algunos que quieren aparentar patriotismos absurdos.

Espero que la campaña del PP se haga tambien en español y no solo en gallego, pues el español es la lengua propia y habitual de la mitad de los gallegos.

En españa la lengua COMUN de todos es el español. El gallego no es ni siquiera la lengua comun de todos los gallegos, no nos engañemos y sobre todo no pretendamos engañar a los demás...

Anónimo dijo...

He visto la encuesta y ni menciona a Rosa Diez ni a su partido??? que yo creo que va a conseguir al menos 4 escaños.

Quizas en vez de quedarse en casa los ciudadanos como dice el anonimo anterior voten esta alternativa.

Quizas el PP pueda gobernar con ellos.

Quizas, quizas, quizas.

Anónimo dijo...

A la progresía y el comunismo les cae la baba con Obama.
Con lideres como ZP y Pepiño no es de extrañar que se agarren a un clavo ardiendo.
Les traiciona el subconsciente, no confian en ZP y miran a otro lado.

Anónimo dijo...

Yo NO soy Anxo Quintana

Maico dijo...

Me parece estupendo que como Vigo se encuentra en una situación de crisis económica usted haya tomado la decisión de multiplicar la presencia de esta ciudad en el Parlamento de Galicia, pero como me parece que esta crisis afecta a todas las ciudades gallegas por igual, yo me pregunto si también va a multiplicar la presencia de los coruñeses, de los santiagueses, de los ferrolanos, de los….En fin,¿ tiene usted pensado trasladar el parlamento a las instalaciones de la ciudad de la cultura, para así llenar de contenido ese sumidero de dinero publico, para dar cabida a los aumentos de presencia de las ciudades en crisis? o ¿ese aumento de presencia que usted predica se va a hacer a costa del resto de los gallegos?. En tal caso, ¿espera usted que yo, y otros miles de gallegos que no son residentes en Vigo le voten?. Por mi parte, ya puede ir cambiando de discurso, porque mi voto en este caso jama siria para usted. Saludos

Maico dijo...

Me parece estupendo que como Vigo se encuentra en una situación de crisis económica usted haya tomado la decisión de multiplicar la presencia de esta ciudad en el Parlamento de Galicia, pero como me parece que esta crisis afecta a todas las ciudades gallegas por igual, yo me pregunto si también va a multiplicar la presencia de los coruñeses, de los santiagueses, de los ferrolanos, de los….En fin,¿ tiene usted pensado trasladar el parlamento a las instalaciones de la ciudad de la cultura, para así llenar de contenido ese sumidero de dinero publico, para dar cabida a los aumentos de presencia de las ciudades en crisis? o ¿ese aumento de presencia que usted predica se va a hacer a costa del resto de los gallegos?. En tal caso, ¿espera usted que yo, y otros miles de gallegos que no son residentes en Vigo le voten?. Por mi parte, ya puede ir cambiando de discurso, porque mi voto en este caso jama siria para usted. Saludos

Anónimo dijo...

Corina Porro la mejor ¡¡ Y en 2011 otra vez alcaldesa ¡¡

Por Vigo se está apostando claramete pero por otras ciudades también, por ejemplo, recuerdo una propuesta de 2.000 nuevos empleos en ferrol, conectar las ciudades de Lugo y Ourense por AVE ... sólo espero que, del mismo modo, haya nuevos proyectos para Santiago, Coruña, Pontevedra, y Lugo y Ourense por separado, y sobre todo, que se insista en ellos, que no queden en tierra de nadie sino que sean comentados, inlcuidos en las vallas publicitarias, ...

Anónimo dijo...

Me parece correcto que las instituciones de Galicia garanticen el derecho a conocer y usar el gallego de aquellos ciudadanos que así lo decidan. Aplaudo que protejan el gallego, el patrimonio histórico, el arquitectónico y en general todo aquello que integra nuestro acervo cultural. Comprendo que procuren fomentar, pero sin imposiciones ni excesos y atendiendo a las características del gallego y a la realidad social, el llamado bilingüismo. Pero porque asumo todo ello, exijo que se garantice también mi derecho a elegir y a usar en todos los ámbitos el castellano como lo que es y con todo lo que ello supone: mi lengua materna, común y propia de todos los gallegos. Y si deseo ser monolingüe, o aprender el chino en vez del gallego, que se respete esta decisión, porque conocer y usar el gallego es sólo un derecho y no un deber, tal y como literalmente señala nuestro Estatuto de Autonomía

Anónimo dijo...

En contestación a Xoose Dorrio (mensaje 14 enero 2009):

Lo que realmente dice el informe sobre la aplicación en España de la Carta Europea de las Lenguas Regionales o Minoritarias:

Atención especial a lo que se dice en el párrafo 1035 (pág. 128 del informe), así como en la conclusión H (pág. 149/150 del informe):

"10355. Al igual que para las otras lenguas de la Parte III [una clasificación, vendrían a ser las cooficiales], el Comité de Expertos recuerda que España ha optado por el mayor nivel de compromiso en lo que atañe a la educación preescolar, primaria y secundaria; es decir, hacer que en todos los niveles sea posible la educación en la lengua minoritaria o regional. El Comité de Expertos entiende que este compromiso significa que se facilitará la educación en gallego en los territorios donde se use el gallego.LA CARTA NO PIDE UNA EDUCACIÓN OBLIGATORIA EN GALLEGO PARA TODOS LOS ALUMNOS, SÓLO QUE TAL EDUCACION SE FACILITE DE TAL MANERA QUE TODOS LOS ALUMNOS RECCIBAN LA EDUCACIÓN EN GALLEGO SI LOS PADRES ASÍ LO ELIGEN."

"H. En la mayor parte de las comunidades autónomas, la educación en la lengua cooficial se basa en un modelo con estructura bilingüe. Sin embargo, eso no se corresponde con los comopromisos adoptados por España, que implican una oferta de modelos educativos impartidos esencialmente en las lenguas regionales o minoritarias. El desarrollo de un modelo de "inmersión total" como cúspide del modelo bilingüe es el objetivo hacia el que todas las comunidades autónomas implicadas deeberían aspirar en vista a cumplir gradualmente con los compromisos adquiridos. Más aún, UN SISTEMA BASADO EN UNA EDUCACIÓN ESENCIALMENTE EN LA LENGUA SE SUPONE QUE SE HA DE FACILITAR PARA AQUÉLLOS QUE LLO SOLICITEN, PERO NO DE MANERA OBLIGATORIA A TODOS LOS NIÑOS".

Anónimo dijo...

Representantes políticos debatieron ayer en la Universidade compostelana sobre educación ·· Los planes de Normalización Lingüística y Bolonia, las galescolas, la religión, asuntos candentes ··

Fueron de PSOE, del BNG, de IU, de UPyD y NO FUE NADIE DEL PP (¿problemas de agenda?)

http://www.elcorreogallego.es//galicia/elecciones/ecg/ensenanza-obligatoria-18/idEdicion-2009-01-27/idNoticia-389182/?alerta=122#formComentario

Que mal estan los del PP que no pueden ir a debatir en consenso con todos el futuro de la educación de los gallegos...

Ventorrillo dijo...

Estimado Sr.Feijoó. Mi nombre es Aníbal Rodríguez, y soy co-administrador del Blog del Ventorrillo de la ciudad de A Coruña. Nos gustaría que nos concediese una pequeña entrevista, que siendo atípica,nos muestra el lado humano de un político. Le llevaría únicamente 5 minutos pues son preguntas cerradas. La entrevista la tenemos en archivo pdf.¿A qué email podríamos enviársela? Muchas gracias de antemano, El Blog del Ventorrillo.

jose luis dijo...

NO DEFINES EN NINGUN MOMENTO QUE POLITICA LINGUISTICA PRETENDES INSTAURAR-NO SABEMOS-. LOS VOTANTES DEL PP NOS SENTIMOS ABANDONADOS PORQUE NO QUIERES MIRAR DE FRENTE ESTE PROBLEMA. MI HUMILDE VOTO IRA PARA EL QUE SE MOJE Y SE COMPROMETA CLARAMENTE EN ESTE ASUNTO. DEBERIAMOS SABER SI SUBES O BAJAS LA ESCALERA.
SALUDOS

Anónimo dijo...

Chámome Alexandra.
Non sei si leerá vostede mesmo isto pero quero que saiba que no Concello de Telde en Gran Canaria, existe unha emisora de radio (www.radioaventura.com) que por estar poñendo unha cuña contra a campaña de acose e derribo que está sufrindo o Governo de Canarias e o seu vicepresidente, José Manuel Soria, por non haber entrado ó trapo con un medio de comunicación (La Provincia de Las Palmas) e xogar sucio coa concesión de licencias da TDT, o Alcalde do Concello de Telde (un imputado) abusando contra o dereito de información e a liberdade de expresión, ordena o peche desa emisora alegando que non ten licencia de apertura por non ter escaleira nin ascensor. Claro que ten escaleira e ascensor, o problema e que a normativa obriga a que todolos negocios instalados en edificos teñan escaleira e ascensor propios.
Todo o mundo sabe que eses non son os motivos, senon as denuncias públicas que desde a emisora se fan do desgoberno local (PSOE-.NC-CCN) e polas entrevistas que cada semana se lle fan a todos os políticos que desexen ser entrevistados, entre os que xeralmente se atopan, polo partido popular: Fancisco Santana (ex alcalde de Telde), senador Macías, María del Mar Arévalo ou María Australia Navarro.
Precintar un medio de comunicación por non ser afín a un goberno local significa que a dictadura aínda está presente.
Espero resposte a isto e diga a súa opinión
Unha forte aperta

Anónimo dijo...

La educación que busca ahora mismo el nacionalismo es un fiel reflejo de la educación que tenía España antes del 78, pero peor claro está porque la cultura española es muy importante sin duda, y es un gravisimo error sacarle el derecho a nuestros hijos a aprender la cultura española y la gallega, lo que no se puede hacer es imponer una lengua a la fuerza, no se puede ir a un colegio público a pedir que a un hijo tuyo lo dejen estudiar en castellano, y que en ese colegio te digan que tiene que pagar más para que le enseñen y hablo de Cataluña, y que te mande para un colegio privado en el que tienes que pagar 400 euros para que tu hijo o hija aprenda castellano y eso con mucha suerte claro, o sino ya sabes te vas de Barcelona estudias fuera, o que por poner en una tienda los productos en español te multen con seiscientos euros, eso no debe pasar ni en Cataluña ni en el País Vasco ni en Galicia, los idiomas son riqueza y cultura y todo el mundo tiene el derecho a recibir educación tanto en gallego como en español sin imposición de ningún tipo.

Mala dijo...

D. Alberto, ¡estamos con usted!

www.malafides.com