jueves, 29 de mayo de 2008

A pé de rúa para "rendir contas"

Crear a "Oficina do Deputado" para que os nosos cargos electos rindan contas persoalmente do seu traballo ante os cidadáns é unha das reformas que integraremos na ponencia de Estatutos que se vai aprobar o vindeiro 21,22 e 23 de xuño, no Congreso nacional de Valencia.

Esta oficina asegura a presencia física e períodica de diputados, senadores e parlamentarios autonómicos para reforzar o contacto cos cidadáns aos que representan e, desta forma, estar disponible persoalmente para atender as súas solicitudes, queixas e suxerencias.

A idea é clara. Trátase de reforzar os vínculos e a identificación do representante co representado. Trátase de ampliar as exisencias aos nosos cargos electos, de modo que adquiran un triple compromiso: co partido, cos votantes e cos cidadáns.

Nos somos os voceiros de máis de 10 millóns de españois, dos cales 815.000 son galegos e galegas, e tamén daqueles que decidiron non votarnos pero aos que tamén debemos escoitar. Canto máis escoitemos, máis acertadas serán as nosas palabras. O noso traballo non é so estár a pé de rúa o maior tempo posible, senón tamén que sempre teñamos un despacho aberto, dispostos a atender aos cidadáns, coas suás preocupacións, as súas queixas ou as súas suxerencias.

Neste tempo que dedico hoxe ao meu blog non quero deixar de agradecer aos milleiros de lectores a súa visita á miña bitácora, os seus comentarios, as súas críticas e os seus consellos. Moitas gracias a todos.

martes, 13 de mayo de 2008

Galicia, sen as contas claras

Rigor e seriedade é o que lle falta a este Goberno para abordar o debate sobre o financiamento autonómico.
Dun asunto desta trascendencia depende a calidade de servicios como a Sanidade, a Educación ou os Servicios Sociais; incluso a posibilidade de que haxa novas infraestructuras.
Sen embargo, e a pesar da sua importancia Galicia é a única Comunidade Autónoma de toda España na que o Goberno non ten unha proposta unitaria de financiamento e na que unha Ministra ten que recibir ao Presidente e ao Vicepresidente dun mesmo Goberno para escoitar deles posturas opostas.

Esta falla dun criterio común prexudica os intereses dos cidadáns; e todos podemos comprender que en plena crise económica, Galicia non se pode permitir unha crise política xerada por un Goberno tan inestable.

O esquema presentado polo Conselleiro de Economía supón a devolución do 90% dos grandes tributos recadados en Galicia. Este sistema pode quedar moi ben nos titulares de prensa pero se facemos contas suporía para Galicia unha perda do 45% dos ingresos actuais. Así, no mellor dos escenarios, Galicia recibiría 3.300 millóns de euros fronte aos 5.930,4 millóns de euros que recibe actualmente. En poucas palabras: sairíamos perdendo.

Con este sistema só se beneficiarían as Comunidaes máis ricas posto que sería apoiar o que sempre reclamaron, que o financiamento se faga só en función da recadación. Galicia obviamente, non recada como Cataluña e solicitar o mesmo sistema non é outra cousa máis que perder cartos. O necesario é que academos o financiamento necesario para prestar servicios en condicións de igualdade cos restantes territorios e ante a improvisación do Conselleiro, faise ainda máis necesario traballar para obter unha postura común e beneficiosa para todos.


Os pasós están claros se queremos facer ben as cousas. A Xunta debe presentar de inmediato no Parlamento a súa postura oficial ante a revisión do actual modelo de financiamento, identificando cales serán os criterios e principios sobre os que se asentará; e facer un debate con propostas de resolución por parte dos grupos para que Galicia se presente cunha postura común de Goberno e Oposición para afrontar a negociación con máis forza. Falamos de cartos, non de pipas.

domingo, 4 de mayo de 2008

Calvo Sotelo, un exemplo de loita pola libertade

Lamento, no meu nome e no dos simpatizantes e militantes do PP de Galicia o falecemento do ex – presidente do Goberno, Leopoldo Calvo Sotelo, exemplo de loita pola liberdade e a democracia.

Os populares galegos queremos transmitir o pesar a súa muller e os seus fillos pola perda dun home de Estado que soubo dirixir a España nuns momentos dificiles, sendo decisiva a súa laboura na transición democrática española.

Decimos adeus un gran político e unha mellor persoa, que debemos lembrar todos como un home que creeu e defendeu a democracia e a liberdade durante toda a súa vida.

jueves, 1 de mayo de 2008

O PPdeG felicita a tódolos traballadores

Dende o meu blog quero sumarme á felicitación que o PPdeG fai a todos os traballadores galegos.
Os traballadores teñen garantidos os seus dereitos por lei, pero as súas condicións poden ser melloradas de forma notable e por iso loitaremos.

- Farémolo:

1-. Prestando atención ás taxas de sinistralidade laboral. Non son números; son persoas as que perderon a vida realizando o seu labor profesional

Os accidentes no traballo son un mal a erradicar. Habemos de centrar os nosos esforzos en reducir os datos estadísticos, que cada ano son peores.

2-. As taxas de temporalidade van en aumento. O Goberno galego debe tomar medidas para que Galicia constrúa empregos de calidade, e non precario.

As campañas de incentivos para converter emprego precario en contratos indefinidos fixeron auga: non deron resultados.

3-. O enfermo mercado laboral en Galicia é o da poboación activa, que segue decrecendo de forma alarmante na Comunidade.

A xente en condición de traballar non quere facelo porque sabe que a oferta de emprego é de escasa calidade, baixa remuneración e nula protección.

- O PPdeG buscará vías para que os traballadores teñamos maior protección social, mellores soldos, máis estabilidade laboral e mellores oportunidades de desenvolvemento profesional.

- Hoxe é un día de festa pero tamén de reivindicación. E isto é o que reivindica o PPdeG:

1-. Menor sinistralidade,

2-. Maior protección,

3-. menor precariedade e soldos competitivos nunha Europa global.

- Este é o polinomio do éxito polo que aposta o PPdeG que hoxe, só quere engadir dúas cousas: felicidades, e traballemos xuntos en busca de mellorar e ter máis motivos para festexar o Día do Traballador.