martes, 4 de marzo de 2008

O Plan Galicia

Hoxe tivemos a oportunidade de visitar Ourense acompañados polo noso presidente Mariano Rajoy. Alí tocou falar do Plan Galicia de novo. A realidade é que no debate de onte vimos a un Zapatero que, cando escoitou de Rajoy as palabras ‘Plan Galicia’, quixo claramente interrumpilo, pero Rajoy voltou a dicilas. Eses 20 segundo do debate, resumen unha realidade de 4 anos: Rajoy comezou o Plan Galicia, Zapatero interrumpiuno e agora, o próximo 9 de marzo, Rajoy comprometeuse a retomalo para beneficio de todos nos. É impensable que poidamos defender que o AVE chegue a Galicia no 2020, 30 anos despois que a Andalucía e 10 anos despois da propia promesa do PSOE no 2004.
Se o que queremos é non quedar á cola do país, é hora de coller o tren das infraestructuras e, dende logo, agardar ao 2020 é pouco menos que unha broma de mal gusto.

6 comentarios:

Iván Lorenzo dijo...

As promesas electorais deben ser claras, precisas, necesarias e, sobre todo, creíbles. Pois ben, as promesas do PSOE de cara ó 2020 son pouco claras, imprecisas, nada creíbles pero iso sí: necesarias, polo tanto, ¿como é posible que unha obra tan necesaria teña que esperar ó 2020? Velaquí vemos a incongruencia e contradicción desta promesa electoral.

www.ivanlorenzoredondo.blogspot.com

Anónimo dijo...

Pero si tiene una sencilla solución hombre¡¡ Con los nosecuantos miles de millones de euros de superhabit que dice que tienen las arcas del estado ( que por cierto son las que posiblemente hacen que yo pague mas por el pan, por los huevos, vamos que me cueste más una tortilla de patata, que me hayan subido todos los recibos y claro la hipoteca..etc,)Pues bien , ese colchon tan estupendo que no se que hace ahi parado que lo invierta en infraestructuras que lleva prometiendo mucho tiempo. Con Andalucia saldó la famosa deuda histórica con el dinero del Ave para Galicia, pues venga ahora que hay fondos que los invierta que ahí paraditos no hacen nada.
Pero vamos que tengo asumido que va a ser que no...eso si si Mariano gana..otro gallo cantará, eso seguro.
Ayer no pude ir al mitin de Vigo..con una pena tremenda y lo que vi por la tele me pareció pobre, en fin¡ Lo de siempre, que viva la democracia que nos pone por la tele lo que quieren .
No sé si firmar como LA NIÑA DE RAJOY, que de verdad no me importaria serlo, pero le dejaré este usuario a alguien con una capacidad literaria mejor que la mia.
Un abrazo y mucha suerte Alberto de verdad, no me da llegado el Domingo para ir a votar, creo que voy a echar la papeleta en al urna tan fuerte y con tantas ganas que creo que la voy a romper...
Esther

Anónimo dijo...

Don Alberto: din na Voz que lles zouparon e increparon aos veciños de Portas que protestaron silenciosamente no seu mitin de Vilagarcía? Iso é verdade, relátao La Voz. Tamén contan que lle pasou hoxe o mesmo a Quinatan en Pontevedra, coa diferenza de que ninguén lles dixo (nin porsuposto fixo) nada en 5 minutos. Dáse de conta de que ese alporizamento non é propio dos populares galego? Están a importar modos de Génova e vailles resultar caro nas urnas.

Anónimo dijo...

Temos que loitar por chegar a un verdadeiro bilingüismo en Galicia, a verdade é que a asociación "Galicia Bilingüe" ten razón.

Aquí puntos non está desequilibrado o bilingüismo:

- Temos un canal TV en galego entre vinte ou trinta en castelán...

- Temos un xornal en galego na prensa escrita, entre dez ou doce en castelán.

- A presenza da lingua galega na docencia universitaria é testimonial, nos institutos non chega ao 50% nin de coña...

- A administración galega fala en castelán maioritariamente, aínda que por Lei deben facelo en galego, igual que a administración do Estado ten que facelo en castelán.

- A etiquetación dos productos que mercamos están en castelán, NUNCA en galego.

- Non teño dereito a asistir a un xuizo e expresarme en galego. A xustiza ten un 100% de castelán.

- En Galicia fálase máis castelán que galego e a diferencia é cada vez maior, o galego perde falantes cada ano.

- O galego non é lingua oficial en Europa e o castelán si.

- Os galegos teñen o dereito e a obriga de saber castelán e só o dereito de falar galego. Hai que comezar a traballar para que o estatus xurídico das dúas linguas sexa o mesmo.

- Os políticos falan maioritariamente en galego. Unha falta de respecto para os castelán falantes. Precisamos políticos voluntarios para dar os mitins en castelán... por exemplo que o fagan todos aqueles que as únicas palabras que din en galego son diante da cámara, así de paso deixan de enganar á xente co seu galeguismo interesado.

- Percorrendo todas as frecuencias do meu transistor atopei un par de emisoras falando en galego, o resto, que non son poucas fano en castelán...

Milleiros e millóns e puntos máis que dan sentido a existencia de asociacións como "Galicia Bilingüe". Moita forza dende aquí aos seus integrantes para que sigan loitando polo 50-50 famoso, vai ser unha dura loita...

Anónimo dijo...

está claro que o debate gañamolo de goleada mias propostas mais argumentos mais educación en definitiva mais todo;ese plan galicia vai ser unha realidade co goberno de Rajoy ainda que lle doian os socilistas e a quintana tamén se lle importara o plan galicia non reprobaria a magdalena alvarez no congreso todo por unha foto con zapatero;cada dia que pasa sintome mais orgulloso de ser do pp e unha satisfacción enorme ;está claro que o domingo hai que votar con todas as forzas coller a papeleta do pp e metela na urna coma si fora o decisivo voto imolo conseguir imos gañar os socilistas estan nerviosos.un saúdo a todos e o domingo a gañar

Anónimo dijo...

¿El plan Galicia o el plan La Coruña? Porque a mi siempre me pareció lo segundo.