jueves, 6 de marzo de 2008

Na Coruña

Onte, no mitin da Coruña, comentáronse os últimos datos económicos que nos deixan, se cabe, ainda máis preocupados coa situación que se nos presenta por diante. Segundo as cifras oficiais 1.000 empresas galegas víronse obrigadas a pechar no último ano; os constructores prevén un descenso dun 50% nas obras; 1.500 empregados están a punto de suspensión de pago en Lalín e Ponteareas; e os galegos gastan 300€ máis ao mes que hai un ano para pagar a cesta da compra e as hipotecas. É inevitable pensar que parte do problema está na negación da realidade que plantexa o actual Goberno e no problema engadido que supón a falla de planificación da que fai gala o PSOE. Por iso insistimos tanto na idea de que o fin da crise e do aumento do paro pasa por un cambio de Goberno inmediato. Cando apenas restan 24 horas para a cita eleitoral non podo máis que insistir na idea de que no PP sí hai proxecto.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eres un fenómeno Alberto todos os datos son reais nos non mentimos non coma os outros que en vez de gobernar están seguidos a insultar o pp;todos temos que facer un esforzo sacar votos de donde sexa e temos que levar a Rajoy a moncloa e imolo conseguir seguro e para o ano nas eleccións autonómicas imos arrasar e ti Alberto vas ser Presidente da Xunta. un saúdo crak

Anónimo dijo...

a todos os que van de interventores do pp coidado que os do psoe estan nerviosos e din que os interventores do seu partido son os mellores axentes para os indecisos coidado que van intentar facer todo o posible para cambiarlle o voto a xente estade atentos que non fagan nada anómalo e que noon den votos cerca do colexio electoral veña un saudo a todos e a gañar o domingo.VOTA PARTIDO POPULAR

Anónimo dijo...

Yo tambien creo que ganaremos...espero que ganemos si no, no sé donde va a parar todo esto. Mucha suerte y ante todo mucha calma.
Animo Alberto, estamos todos contigo y con el PP
Esther