viernes, 7 de marzo de 2008

NON A ETA, SÍ Á LIBERDADE

Quixera, en nome do Partido Popular de Galicia, expresar a nosa condena máis rotunda polo morte de Isaías Carrasco a mans dos asasinos terroristas.

Os únicos culpables deste día de luto son os terroristas.

Quixera expresar o meu sentido pésame á súa familia, amigos, veciños e a todos os galegos e españois que queren a liberdade.

Síntoo moitísimo polas súas dúas fillas e polo seu fillo.

Quixera expresar a miña solidariedade ao Partido Socialista polo asasinato do seu ex concelleiro en Arrasate-Mondragón.

Sentimos a súa morte coa mesma dor que se fora un compañeiro noso, e así llo acabo de expresar ao S.X. do PSdeG-PSOE, o señor Pérez Touriño.

As Forzas de Seguridade do Estado teñen todo o noso apoio e toda a nosa confianza para acadar que os responsables deste asasinato paguen polo que fixeron.

Os terroristas non poden condicionar a liberdade das persoas. Eso foi o que pensamos, e seguiremos pensando sempre no PP de Galicia
As organizacións totalitarias que son os terroristas non van marcar a nosa contribución á democracia, porque nos si cremos na democracia.

Os terroristas non poden condicionar nunca a aplicación da Lei.

Os terroristas non acadarán NUNCA ningún dos seus obxectivos. O Estado de Dereito e a democracia é moito máis forte que eles.

ETA é a mesma banda asasina e cruel desde o primeiro día que se formou, e foi a mesma banda asasina durante estes últimos anos. Cada día, ETA ten o mesmo na súa axenda: asasinar.

Polo que ETA vai ser derrotada entre todos. É o seu único final posible.

O sentido común e a calma deben marcar a nosa dor como mostra de unidade.

NON A ETA, SI A LIBERDADE.

No hay comentarios: