Estos días andamos a presentar por toda Galicia a campaña "Galicia en voz alta", unha nova oportunidade de pisar asfalto para intentar estar ao carón da xente, facer memoria colectiva destes tres anos de decepción, e preparar o "cambio a mellor".
O que pretendemos sinxelamente é que a xente da rúa se pregunte se realmente se vive mellor en Galicia que fai tres anos e, ao mesmo tempo, poder escoitar as inquedanzas e as propostas dos cidadáns para perfilar o noso programa electoral co que buscaremos ese cambio.
Buscamos que os cidadáns falen do que queiran falar, para que Galicia se exprese en voz alta.O certo é que temos un goberno que cada vez está maís lonxe dos galegos; e nós, o que queremos é acercarnos. Por iso a nosa campaña é unha campaña da xente, de realidade, de ilusión e de futuro.
Deste xeito os que visiten a nosa carpa atoparanse con datos e verdades sobre o que aconteceu en Galicia nestes tres anos co Bipartito, falo por exemplo do estado da Sanidade, da parálise das infraestructuras ou do lamentable episodio que vivimos co asunto da axente electoral e o voto emigrante.
Ademáis desta campaña, o PPdeG abriu nos últimos días unha ducia de oficiñas parlamentarias en toda Galicia e nos próximos días abrirá outras tantas para que os cargos do partido se poñan en contacto directo cos cidadáns e rindan contas ante eles. Un traballo que seguro se verá recompensado. Para todos aqueles que queirades deixarnos a vosa opinión ou aquelo que consideredes que é importante incorporar ao debate político ou ao noso futuro programa electoral, invítovos a pasar pola web do noso partido
www.ppdegalicia.com. Alí atoparedes información sobre a campaña "Galicia en voz alta" e un buzón de suxerencias onde agardamos a vosa participación.
www.ppdegalicia.com. Alí atoparedes información sobre a campaña "Galicia en voz alta" e un buzón de suxerencias onde agardamos a vosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario