lunes, 2 de marzo de 2009

Grazas

Tras o día de onte, e logo de poñer os pes na terra de novo, diríxome aos seguidores do meu blog, a todos os galegos e a todas as galegas para dar as grazas.

A nosa victoria electoral abre a esperanza en Galicia e en moitos outros lugares de España. Por isto, poño o meu traballo e o meu sacrificio a disposición de Galicia, para saír da crise económica.

Todos votaron polo que vían mellor para a nosa comunicade, e por iso pídovos a todos que me acompañedes nun momento difícil e apaixonante. Neste escenario comprométome a traballar dende hoxe mesmo para rexenerar a vida política galega e mellorar o autogoberno, aínda que a miña principal prioridade, será gobernar para todos.

Estou convencido de que Galicia alcanzará as súas mellores cotas de igualdade e benestar se todos remamos conxuntamente. Se traballamos xuntos Galicia sairá adiante.

Nos vindeiros catro años, non buscarei outra cousa que estar á altura da sociedade que nos otorgou 39 escanos na Cámara Autonómica.

De novo, grazas

viernes, 27 de febrero de 2009

Estamos a tempo



Pídovos o voso voto e tamén que lle digades á xente que deixou de votarnos, que nunca nos votou e que nunca nos votará que eles están tamén no noso programa e nas nosas propostas.

Non é tarde e estamos a tempo para afrontar a crise con rigor e saír dela; para frear a destrucción de emprego e darlle a volta ao marcador; de axudar ás familias a chegar a fin de mes; de que os mozos e as familias poidan pagar menos impostos para poder plantexarse mercar unha vivenda; de que as familias galegas podan herdar e deixar en herdanza os bens froito do seu esforzo, en igualdade de condicións que outras familias de España; de recuperar os consensos acadados.

Estamos a tempo de reconverter o despilfarro en investimento para acadar máis emprego e oportunidades; estamos a tempo de mellorar a nosa administración, adelgazala e facela máis áxil.

O PPdeG constitúe a única alternativa para que non goberne o Bloque, porque non estou disposto a aceptar nin o clientelismo nin o abuso de poder; non estou disposto a aceptar as imposicions de ningunha minoría.

Gobernarei para todos e desde a maioría atenderei ás minorías, chamarei aos sucesores de Touriño e de Quintana sempre que Galicia precise consensos; e me comprometo a que Galicia non sufrirá imposicións do PP por moita maioría absoluta que teña.

Non cometeremos os mesmos erros que Touriño, porque un presidente ten que ter un criterio, un programa e unha personalidade. Eu aínda creo na política porque pode ser servizo; porque pode ser honestidade; porque pode ser compromiso.

lunes, 23 de febrero de 2009

O noso único adversario, o desemprego

A miña única folla de ruta, e a de todo o meu Goberno, será a que marca o meu programa electoral. Por iso a nosa meta é un Goberno irreprochable que non perde o tempo, senón que desde o primeiro minuto se mostra e actúa coa debida ética.

Dende o Partido Popular insistimos nesta idea xa que hoxe moitos se tapan os oídos ante os reproches da rúa e non se dan conta de que os reproches dos cidadáns aos políticos sempre teñen unha alta porcentaxe de razón. O despilfarro é un modo de actuar; pode frearse nun día. O clientelismo é un patrón de comportamento que se pode erradicar instantaneamente. A manipulación dos medios públicos só depende de dicir a un director, elixido por todos, que é libre. E o gasto en publicidade absurda é tan sinxelo de evitar como que simplemente non hai que facelo, e punto.

Un Executivo que non é capaz de resolver os problemas do sector forestal, non descansa en sillas de luxo importadas; que se non é capaz de resolver a crise da construcción, non fai, mentres, reformas absurdas, millonarias e innecesarias; e que non é capaz de resolver a crise da automoción, alomenos non pasea nun coche máis caro que o de Obama.

Por iso reivindicamos un Executivo respectuoso coa sociedade galega, un Goberno no que secuestrar cidadáns para que asistan a un mitin sexa algo inconcebible en lugar de algo que non sorprende a ninguén, que é o que pasou estes días.

Cos dereitos non se baila. Os dereitos non se secuestran.

jueves, 12 de febrero de 2009

Un programa concreto e transparente



O noso partido ven de presentar un contrato no que se recollen as principais propostas electorais que nos comprometemos a materializar na vindeira lexislatura.

Coa subscrición deste documento, pretendemos dar resposta ao clamor cidadán que nos pide solucionar os problemas e non pelexas entre nós. Chegou o momento de comprometerse e de devolver a credibilidade á clase política; iso é o que quero certificar aquí.

Fronte aos supostos programas electorais de PSOE e BNG, que non son máis ca un trámite que realizan nestas datas a sabendas de que non os van cumprir, o PPdeG ofrece un contrato cos cidadáns encamiñado a transparentar e concretar os obxetivos do meu partido se ten a oportunidade de gobernar os próximos catro anos.

En lugar de firmar un contrato entre políticos, e despois das Eleccións, como fixo o bipartito hai catro anos, asinamos un contrato cos cidadáns, antes dos comicios e coa seguridade de que o seu contido vai ser materializado na vindeira lexislatura.
O noso compromiso e nítido, transparente e concreto do que queremos acadar nos próximos catro anos, un período no que o PPdeG avanza que non vai perder o tempo perseguindo á oposición nin ao pasado, senón que concentrará todos os seus esforzos en materializar o futuro de oportunidades que merecen todos os galegos.