jueves, 24 de abril de 2008

Crise na Sanidade galega

Crise na sanidade galega

A sanidade pública en Galicia está a pasar por un mal momento. Os datos son peores que hai tres anos e o Presidente da Xunta, nega a evidencia para ocultar a incompetencia do seu goberno, o certo é que os nomes e apelidos daqueles galegos e galegas que están agardando por unha cita médica non se poden ocultar. Xa son máis de 50.000 as persoas que "fan cola" por unha intervención cirúrxica e 300.000 as que están á espera dunha consulta. O único que lles queda aos que agardan é o consuelo das cartas ao director.

A Consellería de Sanidade leva 13 ceses en 3 anos, o que supón que polo Consello da Xunta pasan máis despidos de altos cargos que propostas para solventar o problema e, en tres anos de Goberno non queda nin un só colectivo sanitario por manifestarse ou por ir á folga como protesta polo pouco ou nada que se está a facer.

Onte no Parlamento dimos a coñecer datos concretos que constatan que o dice o PP é certo:

- Hay vilas en Galicia nas que hai que esperar una semana para ser atendido polo médico de cabeceira
- En Ourense están colapsadas as consultas de especialistas para facer unha mamografía. Estanse dando citas para novembro do 2009.
- En Cardioloxía, tamén de Ourense, ou en Xinecoloxía de Monforte as axendas están pechadas e, sinxelamente, nin sequera os cidadáns poden apuntarse á lista de espera.

Dende aquí pedimos a Touriño que busque solucións e dea explicacións pola situación que está a vivir a sanidade pública galega.

miércoles, 9 de abril de 2008

Política Lingüística

Dende que se puxera en marcha o 15 de xullo do 1983 a primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia levamos percorrido un longo camiño na defensa da galego como lingüa "de convivencia" e de Galicia como comunidade exemplar na que os dous idiomas oficiais, castelán e o galego, cohabitan de xeito natural.

Cando o Partido Popular de Galicia colleu o timón da Xunta mantivo e potenciou esta convivencia, promovendo o seu uso por igual na vida pública, cultural e informativa.

Ese espíritu conciliador marcou de xeito profundo o noso traballo nos 16 anos que ocupamos o Goberno de Galicia ate tal punto que a dotación de medios humans e materiais para cumprir a plena normalización lingüística pasou a ser de 1.371.810 euros no 1990 aos máis de 18 millones de euros no 2003.

Ainda dende a oposición, o PP de Galicia loita por seguir mantendo as mesmas condicións de igualdade das que falaba anteriormente xa que, para nos, un idioma é un elemento de universalización, de fraternidade, unha valiosa ferramenta que nos permite desenvolvernos no mundo.

Esto ven a propósito dos últimos acontecementos lingüísticos patrocinados dende a Xunta e que están a rachar este espíritu de convivencia. Dende o noso grupo non podemos mais que rexeitar a proposta do BNG de obrigar aos comerciantes a poñer os seus rótulos en galego. Empregar o idioma para sancionar é un erro.

Cada vez que a Xunta ten un problema serio sácase unha ocurrencia co galego para crear controversia. A calidade educativa cae en picado e á Xunta se lle ocorre limitar o coñecemento lingüistico dos futuros profesores e; pequenas empresas e comercios están a pechar, estamos en plena crise económica, e o que se lle ocorre á Xunta é poñer condicións nos rótulos das tendas aos que están a poñer todos os seus esforzos en abrir ou manter o seu negocio.

viernes, 4 de abril de 2008

"Nadie puede ser juez en su misma causa", Calderón de la Barca

A decisión da Xunta de arquivar a investigación polo caso da axente electoral do PSOE e a afirmación do Presidente da Xunta dicindo, antes de comezar a Comisión de Investigación, que dita Comisión ten que ter a mesma conclusión que a Xunta, poñe en dúbida a independencia dos poderes públicos dende a chegada do bipartito e a falla de respeto de Touriño a Cámara que representa a todos os galegos.

Que os cartos de todos os galegos paguen unha viaxe dun axente electoral do PSOE é un feito moi grave e que o Presidente da Xunta sexa cómplice e non quera investigar, máis grave ainda.

Touriño foi claro, non vai permitir investigar un dos maiores escándalos electorais da autonomía de Galicia. O certo é que este caso pode estar nacendo morto: primeiro o PSOE pretende ser xuiz e parte na Comisión de Investigación e nomea Presidente a un membro do PSOE, partido no que se centra a investigación e, segundo, o Presidente da Xunta desautoriza ao Parlamento afirmando que a conclusión da Comisión de investigación xa está feita antes do seu comezo.

Como dicía Calderón de la Barca “Nadie puede ser juez en su misma causa”.

miércoles, 2 de abril de 2008

Solucións e non problemas

O goberno de Galicia naceu con mal pé. Os populares galegos gañaron as eleccións e quedáronse a un escaño da maioría absoluta e o obxectivo do PSOE e o BNG era so un: que non gobernara o PPdeG, e para elo valía todo e agora estamos a vivir as consecuencias.

Os dous gobernos que existen na Xunta, nos sete concellos das grandes cidades e case nun centenar de concellos máis, non se comunican e o único que fan e “lanzar balóns fora” e intentar esconder o problema.

As contradicións e o ocultamento permanente nos que incorreu a Xunta de Galicia, así como a súa inoperancia está a convertir o caso concreto dun barrio de Poio e outro de A Coruña nun problema xeral en Galicia. O comportamento da Xunta e dos alcaldes do BNG foi definido como racista por parte do ex número 2 da propia vicepresidencia da Xunta. Non o dicimos nós, dilo quen ata hai meses estaba dentro do goberno.

A Lei é igual para todos. Todos somos iguais en dereitos e deberes, e o que hai que facer é aplicar a Lei. Os xitanos deben respectar a Lei, pero tamén teñen dereito a unha vivenda digna e a uns servicios sociais como o resto dos cidadáns. Convivir é integrar e misturar, non é separar nin clasificar aos cidadáns.

O PPdeG plantexa solucións e propón que se configure un órgano específico no que estéan a administración da Xunta e dos concellos, expertos na materia e asociacións e colectivos afectados que dean solucións familia por familia e caso por caso.