Hoxe andamos por Ourense e unha vez mais, falamos de economía. Cando os cidadáns andamos mais preocupados que o Goberno polos números é que algo non anda ben. Os últimos datos sobre o investimento extranxeiro en Galicia é un capítulo mais dentro da situación de "caída libre" na que se atopa a economía galega. Nos últimos catro anos, este investimento foráneo diminuiu un 95%.
As razóns están claras: temos un marco fiscal pouco competitivo, con impostos como os de sucesións e doazóns aínda vixentes; temos un clima político que non beneficia a estabilidade, e temos un Goberno que non perde oportunidade de ensinar a porta de saída ás empresas ante o bloqueo urbanístico e a falla dun solo industrial que xestiona con torpeza. Malas novas sen dúbida.
viernes, 18 de enero de 2008
Xantar en Ourense
miércoles, 16 de enero de 2008
En brasil e escoitando
Hoxe voltei de terras brasileiras logo dunha curta viaxe na que tiven a oportunidade de coñecer doceas de galegos que viven en Bahia dende fai anos. Sempre que teño que facer algunha viaxe ao exterior reafírmome nas miñas ideas de que hai que apoiar mais aos nosos paisanos que, co seu esforzo, permitiron o progreso dos que quedaron aquí. Xa é hora de mirar cara o exterior con outros ollos e pasar a páxina da emigración ao investimento. En Brasil puiden comprobar como o galegos e as empresas galegas podían facer mais para aproveitar as oportunidades que alí existen en canto a sectores como o turismo, a construcción de vivendas, a construcción de infraestruturas e a pesca. Lamentablemente tamén puiden comprobar como o executivo galego non ten abertos canles de comunicación entre ambos países para cambiar esta situación.
Por certo, a miña volta atopeime no meu blog algúns comentarios dalgúns dos meus leitores con consellos e aportacións que prometo ter en conta. A miña intención cando abrin este foro foi precísamente escoitar as opinións de todos os que así o quisexen e prometo que así o farei. Co cal dígovos que tomo nota.
martes, 15 de enero de 2008
En precampaña
Disoltas as Cortes do Estado entramosn nunha nova etapa de precampaña que nos pon se cabe mais preto de gañar as vindeiras eleccions nacionais. Quedan por diante varias semanas de traballo para presentarlle a sociedade galega cómo pode influir na sua vida un goberno do PP en Madrid. Nos días que nos quedan ate o 9 de marzo colgarei no meu blog todas aquelas experiencias ou comentarios que me vaian xurdindo co día a día de comapaña. Agardo que vos interese.