De volta xa de Madrid aproveito o meu blog para felicitar aos novos portavoces do PP no Congreso e no Senado, así como a proposta da deputada por Pontevedra, Ana Pastor, como vicepresidenta da Mesa do Congreso.
Non teño ningunha dúbida de que Rajoy está a incorporar na primeira liña do partido a persoas xoves, con experiencia e formación, polo que estase a mixturar a experiencia e a renovación.
Para nos tamén hai boas novas, o Presidente nacional mira para Galicia cada vez que ten un traballo importante que facer. A través da miña persoa quere recoñecer ao PPdeG e un galego será un dos nove membros que elaborarán as ponencias do Congreso Nacional, por iso, doulle as gracias ao Presidente pola confianza depositada.
Elaborarei, xunto con dous compañeiros máis, a ponencia sobre Estatutos que estará centrada en reflexar o novo modelo do PP: a organización interna, o modelo de traballo, o rexime de incompatiblidades, a organización central e territorial .... Queda por diante un intenso traballo.
lunes, 31 de marzo de 2008
Mixtura de experiencia e renovación
Aos meus lectores
Ao longo destas semanas quedaron varias cuestións pendentes de respostar a aqueles que a diario leen o meu blog e me plantexan diversos temas. Nestes días, logo do axetreo das eleccións, intentarei ir dando a miña opinión sobre os asuntos plantexados por vos. Houbo algúns comentarios nos que pedíades o meu correo electrónico persoal para poñervos en contacto conmigo así que vos pido que me deixedes nos comentarios o voso para remitirvos a miña dirección nun mail. Falo concretamente de dous comentarios anónimos que deixaron o pasado martes día 25.
Sen máis gracias por leer o meu blog.
viernes, 28 de marzo de 2008
Gardarraís seguros na nova autovía do Barbanza
No encontro que mantivemos con representantes de varios colectivos de moteiros do Barbanza acordamos insistir dende o Parlamento na necesidade urxente de variar o actual sistema de gardarraís. O noso compromiso foi solicitar á Xunta de Galicia a sustitución do 100% dos mesmos nas autoestradas para instalar así outros máis apropiados que poidan evitar amputacións en caso de accidente. O lóxico é reclamar dende xa que as novas insfraestructuras nas que se está traballando xa contemplen este cambio por elo nos próximos días faremos extensiva a nosa proposta á Autovía do Barbanza, onde xa se deben instalar novos dispositivos.
Memoria histórica selectiva
O Goberno bipartito decidiu sacar adiante unha iniciativa para eliminar dos edificios públicos os nomes daqueles que BNG e PSOE consideran que foron no seu dìa partidarios do franquismo. Até ahí a iniciativa non ten máis ca un bon titular na prensa senón fose porque o texto aprobado non define qué tipo de nomes ou de símbolos franquistas serán retirados dos centros públicos. Soamente limítase a decir que se elimnará "todo o que faga referencia a persoeiros representantes ou partidarios da dictadura", sen aclarar se se trata de mortos ou vivos, ou incluso de dirixentes que nalgún momento estivieron vinculados ao franquismo. A iniciativa, tal e como se atopa redactada, afectaría a moitos persoeiros que axudaron a facer a transición. É un disparate tal que podería afectar dende aos membros da Casa Real, ate a a Boyer, Solchaga, Adolfo Suárez ou Gutiérrez Mellado.
miércoles, 26 de marzo de 2008
Cando a realidade supera a ficción
Onte, no Parlamento de Galicia vivimos unha situación sen precedentes e que suporá un punto e aparte na relación do noso grupo co actual Goberno.
A única razón lóxica que ampara o comportamento do PSOE e do BNG no reparto dos senadores é a necesidade de Touriño de manter a súa “precaria presidencia” e entregar ao BNG o senador que lle correspondía ao PP para facilitar así o pacto do PSOE en Madrid.
Unha vez máis somos espectadores dun novo episodio que demostra que a Xunta está, digamos que, alugada. Resulta que fai 48 horas, en Madrid, o PSOE exisiu a aplicación da regra D´hont para sacarlle o último senador a IU e, hai tres meses en Andalucía, o PSOE e o PP aprobaron unha Lei para o reparto dos senadores e a lei recolle a regra D´hont para este reparto.
Pregúntome entón ¿a que PSOE pertence Touriño?, ¿ao que lle convén cada 100 kilómetros?, ¿por qué en Galicia non se aplicou igualmente, e coma sempre, a ley D´hont?
Non todo vale, hai que ter coherencia e respeto polo que dixeron os cidadáns nas urnas. Sen dúbida, temos diante un triste precedente ao que debemos facer fronte.
martes, 25 de marzo de 2008
Hoxe
O Parlamento de Galicia elixirá hoxe, nun triste ambiente de división, aos senadores por designación autonómica nun pleno extraordinario no que se someterá a votación a lista única aprobada por socialistas e nacionalistas que integra un representante de cada forza política. Agardemos que non se consume o atropelo político tantas veces citado no meu blog.
martes, 18 de marzo de 2008
Voto en urna XA
"Dignificar” o dereito de sufraxio dos galegos e españois do exterior é a asignatura pendente dos grupos que formamos parte do Parlamento de Galicia.
A situción de "desprotección" na que nos atopamos actualmente con este asunto provoca episodios un tanto desafortunados patrocinados directamente dende o Goberno.
Como exemplo lembremos cando o Goberno nomeou na pasada lexislatura un embaixador sen embaixada; e a Xunta designou a unha “embaixadora sen embaixada” en Buenos Aires.
Basta con apuntar que os socialistas mercaron unha sede valorada en máis de 800.000 dólares, efectuaron unha campaña en autobuses, vallas na autoestrada de máis de 400 quilómetros que une Buenos Aires con Mar del Plata, entre outras medidas.
Por esta razón, dende o Grupo Popular imos a pedir unha reunión urxente da Comisión de reforma do voto exterior do Parlamento de Galicia co obxectivo de que este órgano permita convencer ás forzas políticas que aínda están dubidando e ao próximo Goberno central da necesidade de reformar con rapidez o voto emigrante para que os residentes ausentes podan votar en urna.
lunes, 17 de marzo de 2008
Senadores
Os pactos serven para gobernar pero non poden servir para modificar os resultados das urnas. As urnas, do mesmo modo que nas Xerais dictaminaron que o PP tería 12 senadores e o PSOE 4, as Eleccións Autonómicas determinaron que o PP debería ter 2 senadores por designación autonómica por un dos PSOE. Estas son as razóns nas que nos amparamos para facer un chamamento aos máximos responsables do PSdeG e BNG para que se comporten con máxima responsabilidade e que cando se pronuncien, xa que ainda non o fixeron, sexa para rectificar esta postura dos seus partidos posto que están a romper 25 anos de consensos democráticos en Galicia.
Agardamos que prime a razón e non ter así que dividir o grupo do PP en dous grupos de 19 e 18 deputados para demostrarlles que estes grupos son maiores que o do BNG, formado por 13, que se quere apropiar dun senador que lle corresponde aos populares galegos.
En todo caso se temos chegar a eses extremos será con todas as consecuencias.
martes, 11 de marzo de 2008
Gracias!
Gracias aos dez millóns cento setenta mil españois que votaron a Mariano Rajoy. Nunca un partido na oposición obtivera tanto respaldo, tanta confianza. Catrocentos mil votos máis que en 2004, o 40% dos votos .
Queremos transmitir aos nosos votantes que seremos un garante de responsabilidade e de defensa do interese xeral ao largo de esta nova lexislatura, xa que somos un partido que representa máis que nunca a centralidade de España.
Somos conscientes da nosa responsabilidade e da forza dos millóns de cidadáns que apoiaron ao noso partido, polo cal defenderemos as ideas, os principios e os valores polos que os cidadáns nos deron a súa confianza.
Temos claro que o incremento de votos do PP proveñen da moderación, do centro e de votantes desencantados do PSOE, mentres que os novos apoios do PSOE proveñen da esquerda máis radical e máis nacionalista.
Dende o Partido Popular de Galicia queremos reiterar o noso agradecemento ao máis do 44,5% da poboación galega que volveu a confiar no partido e en aqueles que votaron masivamente o nos programa electoral.
Con estes resultados o PPdeG seguirá polo mesmo camiño; por un camiño de centro, reformista e galeguista.
viernes, 7 de marzo de 2008
NON A ETA, SÍ Á LIBERDADE
Quixera, en nome do Partido Popular de Galicia, expresar a nosa condena máis rotunda polo morte de Isaías Carrasco a mans dos asasinos terroristas.
Os únicos culpables deste día de luto son os terroristas.
Quixera expresar o meu sentido pésame á súa familia, amigos, veciños e a todos os galegos e españois que queren a liberdade.
Síntoo moitísimo polas súas dúas fillas e polo seu fillo.
Quixera expresar a miña solidariedade ao Partido Socialista polo asasinato do seu ex concelleiro en Arrasate-Mondragón.
Sentimos a súa morte coa mesma dor que se fora un compañeiro noso, e así llo acabo de expresar ao S.X. do PSdeG-PSOE, o señor Pérez Touriño.
As Forzas de Seguridade do Estado teñen todo o noso apoio e toda a nosa confianza para acadar que os responsables deste asasinato paguen polo que fixeron.
Os terroristas non poden condicionar a liberdade das persoas. Eso foi o que pensamos, e seguiremos pensando sempre no PP de Galicia
As organizacións totalitarias que son os terroristas non van marcar a nosa contribución á democracia, porque nos si cremos na democracia.
Os terroristas non poden condicionar nunca a aplicación da Lei.
Os terroristas non acadarán NUNCA ningún dos seus obxectivos. O Estado de Dereito e a democracia é moito máis forte que eles.
ETA é a mesma banda asasina e cruel desde o primeiro día que se formou, e foi a mesma banda asasina durante estes últimos anos. Cada día, ETA ten o mesmo na súa axenda: asasinar.
Polo que ETA vai ser derrotada entre todos. É o seu único final posible.
O sentido común e a calma deben marcar a nosa dor como mostra de unidade.
NON A ETA, SI A LIBERDADE.
Con moita cabeza e moito corazón
Pídovos a vosa confianza para que o vindeiro domingo cambien as cousas. Precísamos a vosa axuda para recuperar o tempo perdido. Ánimo e a gañar!
jueves, 6 de marzo de 2008
Na Coruña
Onte, no mitin da Coruña, comentáronse os últimos datos económicos que nos deixan, se cabe, ainda máis preocupados coa situación que se nos presenta por diante. Segundo as cifras oficiais 1.000 empresas galegas víronse obrigadas a pechar no último ano; os constructores prevén un descenso dun 50% nas obras; 1.500 empregados están a punto de suspensión de pago en Lalín e Ponteareas; e os galegos gastan 300€ máis ao mes que hai un ano para pagar a cesta da compra e as hipotecas. É inevitable pensar que parte do problema está na negación da realidade que plantexa o actual Goberno e no problema engadido que supón a falla de planificación da que fai gala o PSOE. Por iso insistimos tanto na idea de que o fin da crise e do aumento do paro pasa por un cambio de Goberno inmediato. Cando apenas restan 24 horas para a cita eleitoral non podo máis que insistir na idea de que no PP sí hai proxecto.
martes, 4 de marzo de 2008
O Plan Galicia
Hoxe tivemos a oportunidade de visitar Ourense acompañados polo noso presidente Mariano Rajoy. Alí tocou falar do Plan Galicia de novo. A realidade é que no debate de onte vimos a un Zapatero que, cando escoitou de Rajoy as palabras ‘Plan Galicia’, quixo claramente interrumpilo, pero Rajoy voltou a dicilas. Eses 20 segundo do debate, resumen unha realidade de 4 anos: Rajoy comezou o Plan Galicia, Zapatero interrumpiuno e agora, o próximo 9 de marzo, Rajoy comprometeuse a retomalo para beneficio de todos nos. É impensable que poidamos defender que o AVE chegue a Galicia no 2020, 30 anos despois que a Andalucía e 10 anos despois da propia promesa do PSOE no 2004.
Se o que queremos é non quedar á cola do país, é hora de coller o tren das infraestructuras e, dende logo, agardar ao 2020 é pouco menos que unha broma de mal gusto.