Sobre o debate da TVG quedamos coas seguintes ideas:
Presentamos as propostas do PP para os problemas reais dos galegos que e non gastamos o tempo en entrar en polémicas:subir 150 euros as pensións; os que gañan menos de 16.000 euros non terán que facer a declaración; bonificación de ata 1.000 euros para xerar emprego feminino; Consello de Ministros para que Galicia entre no mapa da Alta Velocidade.
Demostramos que Galicia ten na oposición a alternativa, tanto a nivel autonómico como a nivel estatal.
Deixamos clara a situación que atravesa Galicia nos últimos tempos: temos as pensións máis baixas de España; os prezos nunca subiran tanto desde 1996; as autovías galegas non están nin se lles espera; nunca se marcharan fóra de Galicia tantos mozos a buscar traballo desde 1992; Galicia é a comunidade de toda España que está mais lonxe de ter AVE.
En definitiva, PSOE E BNG non falaron de solucións porque, según eles, no existe tal problema.
jueves, 28 de febrero de 2008
Debate
lunes, 25 de febrero de 2008
Na Coruña
Hoxe avanzamos na Coruña algo máis sobre o noso programa en materia de seguridade vial. Os plantexamentos que nos marcamos son eliminar a partir do 10 de marzo o 100% dos puntos negros da estradas, dos que 20 están en Galicia.
O problema das comunicacións galegas pasa tamén por establecer como prioridade a mellora integral do transporte urbano e interurbano, o cal xa figura tamén no noso programa, no que incluimos estudos en profundidade sobre a chegada do metro lexeiro en Vigo e Coruña.
De todo isto falamos hoxe na Coruña, nun encontro no que estiven acompañado por Gallardón e por centos de simpatizantes da cidade. Aproveitamos a ocasión para visitar a Torre de Hércules, un xeito de amosar o noso apoio a súa candidatura como Patrimonio da Humanidade.
viernes, 22 de febrero de 2008
Inauguramos campaña

Tras a pegada de carteis de onte en Ourense, hoxe iniciamos a campaña destas eleccións en Sarria. Alí, acompañado por Xosé Manuel Barreiro, visitamos unha explotación gandeira que dirixen con moito esforzo dous xoves de Lugo. Na visita tiven a oportunidade de comprobar as dificultades que presenta xestionar un negocio deste tipo, cun auténtico abandono por parte da administración. Os catro anos socialistas non foron bos para o sector cun incremento do 100% no prezo do gasóleo, dos fertilizantes e dos pensos, perdidas de valor das explotacións lácteas e incremento dos custos non cubertos para o leite.
Entre as solucións que presentamos para este colectivo falamos de ofrecer un programa transitorio de axudas ao sector lácteo para que poida afrontar con garantías o proceso de liberalización en Europa. Estivemos tamén conversando sobre o Plan Prever que levamos no noso programa para facilitar a renovación de toda a maquinaria agrícola. Ideas que, sen dúbida, esperamos levar a cabo.
Xa no almorzo compartimos mesa e mantel cos xornalistas que nos seguen nesta campaña. Como anécdota podo contar que os xornalistas organizaron unha porra para estas eleccións. Fácil imaxinar cál foi a miña aposta.
PD. Podedes atopar imaxes do día de hoxe no noso espacio en FLICKR
http://www.flickr.com/photos/ppdegalicia/
miércoles, 20 de febrero de 2008
www.ppdegalicia.com
Teño o pracer de anunciarvos que dende mañá xoves o Partido Popular de Galicia terá unha nova web. Estamos na rede máis fortes que nunca e por iso anímovos a participar en todos os contidos que incorporamos. A páxina que estreamos é por riba de todo PARTICIPATIVA. Estamos presentes en tódalas redes sociais importantes polo que, unha vez máis, levamos a dianteira en Galicia. Agardo os vosos comentarios e as vosas visitas.
miércoles, 13 de febrero de 2008
Apoio a María San Gil
Non poido deixar pasar a oportunidade de amosar dende o meu blog a miña total indignación polo boicot e os insultos que sufrui onte a nosa compañeira María San Gil durante unha conferencia que celebrou na Universidade de Santiago de Compostela. A liberdade de expresión é un dereito que debe permanecer respetado e coidado por todos os cidadáns, con independencia das opinións de cada un, das visceralidades, fobias ou incluso manías ideolóxicas. Seguimos agardando unha resposta contundente do Goberno Galego en contra deste tipo de comportamentos violentos e favor das persoas.
jueves, 7 de febrero de 2008
Miles de cuestións por resolver
Estos días andivemos mellorando a imaxe do meu blog para darlle un toque diferente ao que acostumábamos a ver. Quero agradervos os vosos comentarios na miña ausencia e agardo ir dando respostas no meu blog as cuestións que aquí se plantexaron.
Sen máis, agardo que o novo blog sexa do voso agrado.