viernes, 7 de diciembre de 2007

Sen Ave ate o 2020


Xa temos un capítulo mais na longa historia na que se está a converter a chegada do AVE a Galicia. O 2020 é a nova data que figura abertamente na documentación oficial do Goberno Central e que convirte a Galicia na última Comunidade Autónoma en dispoñer da alta velocidade, un novo hito na magnífica xestión da ministra Magdalena Álvarez. Para remediar esta crítica situación na que se atopa a chegada do tre rápido, o PPdeG presentará no Parlamento de Galicia unha moción de reprobación da Ministra por ser ésta a causante dun novo retraso. No que se refire ao Goberno Galego queda clara a ausencia de vontade política que está a amosar para dotar a Galicia dunhas comunicacións ferroviarias propias do século no que andamos. Como exemplo do escaso avance das obras do AVE en Galicia, hay que destacar que das seis liñas proxectadas (1.687,8 klm) tan só están en servizo 53.1 quilómetros no eiso atlántico, cunha matización: os convois circulan a velocidades inferiores a 160 km/hora xa que a liña non está electrificada e, polo tanto, non se axusta aos parámetros da alta velocidade.

No hay comentarios: