jueves, 20 de diciembre de 2007

Xa estamos en Flickr

O PPdeG xa ten presencia en Flickr, unha ampla comunidade de internautas con milleiros de fotografías. Ahí poderas atopar as nosas últimas imaxes.
Disfrutao...


http://www.flickr.com/photos/22025303@N07/

Coa verdade na man

A sesión de control do Geberno, celebrada onte, puxo en evidencia un grave incumprimento por parte do PSOE e do BNG dunha das suas promesas electorais: A reducción ao mínimo dos gastos de persoal de confiaza da Xunta.
O bipartito lle sae moi caro a Galicia e senón bótalle unha ollada a isto:

O Gabinete de presidencia incrementou o seu gasto nun 50% con respeito ao anterior goberno ata chegar aos 2,4 millones de euros en 2008. Este Goberno gasta en persoal contratado a dedo 400 millóns de pesetas.

Este presidente e o seu gabinete precisan os memos cartos que onde consellerías da Xunta e dispón en total de 74 persoas á sua disposición.
En definitiva, e como dato curioso, o bipartito -contando tan so o persoal do gabinete que traballa para o presidente e o vicepresidente- ten unha plantilla de asesores que casi iguala á do presidente de Brasil, 93 na Xunta frente a los 109 de Lula.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Claves do AVE



Hai algunhas claves que debemos ter en conta á hora de valorar o que estamos a perder co retraso da chegada do AVE.


1. O Plan Galicia garantizaba a conexión por AVE entre Madrid e as sete cidades galegas. Non se executou tal e como estaba plantexado polo que a alta velocidade non chegará ate o 2020. En estos catro anos non se iniciou nin un só kilómetro de AVE.

2. Un exemplo dos beneficios que pode producir o AVE atopámolo en Ciudad Real:
.Incremento da sua poboación nun 26%
.Aumento das actividades minoristas nun 63% en dez anos
.Unha taxa de paro do 5.7%


3. O sistema urbano galego conectado por AVE suporía unha distancia de entre 30 e 60 minutos entre as principais cidades.


4. Co deseño actual xa podemos afirmar que nin Lugo nin Ferrol terán AVE. Tamén se anula o AVE do Cantábrico, Ponferrada-Monforte e Lugo-A Coruña.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Sen Ave ate o 2020


Xa temos un capítulo mais na longa historia na que se está a converter a chegada do AVE a Galicia. O 2020 é a nova data que figura abertamente na documentación oficial do Goberno Central e que convirte a Galicia na última Comunidade Autónoma en dispoñer da alta velocidade, un novo hito na magnífica xestión da ministra Magdalena Álvarez. Para remediar esta crítica situación na que se atopa a chegada do tre rápido, o PPdeG presentará no Parlamento de Galicia unha moción de reprobación da Ministra por ser ésta a causante dun novo retraso. No que se refire ao Goberno Galego queda clara a ausencia de vontade política que está a amosar para dotar a Galicia dunhas comunicacións ferroviarias propias do século no que andamos. Como exemplo do escaso avance das obras do AVE en Galicia, hay que destacar que das seis liñas proxectadas (1.687,8 klm) tan só están en servizo 53.1 quilómetros no eiso atlántico, cunha matización: os convois circulan a velocidades inferiores a 160 km/hora xa que a liña non está electrificada e, polo tanto, non se axusta aos parámetros da alta velocidade.